spot_img
InicioPontevedra e ÁreaA Mostra integradora "Sorrisos Transformadores" chega aTui

A Mostra integradora “Sorrisos Transformadores” chega aTui

A MOSTRA INTEGRADORA DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA, “SORRISOS TRANSFORMADORES”, CHEGA ESTE MARTES A TUIEsta mañá inaugurouse na Área Panorámica de Tui a mostra “Sorrisos Transformadores” unha exposición  organizada pola Deputación de Pontevedra e a Asociación de Familiares de Menores Trans Arelas.

Na inauguración estiveron pendientes el alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, a concelleira de Servicios Sociais Estrella Carmen Muradas a concelleira de Educación, Mila González e a presidenta da Asociación Cristina Palacios, quen foi a encargada de presentar a Mostra aos asistentes durante a inauguración destacando na súa intervención que as fotografías mostran a persoas que cando no son excluidas o discriminadas socialmente sorrien tan a menudo como o resto da xente. “Sempre se ten esa idea de que a transexualidade e dor e como algo vergoñento, se fala de persoas atrapadas en corpos equivocados, nada de isto. Tamén queremos amosar unha realidade que hai que empezar a coñecer trátase de persoas que tratan de visibilizar a diversidade nun sentido moi amplio, diversidade de corpos, diversidade de identidades e diversidade de orientación”

“Sorrisos Transformadores” é unha exposición itinerante que vén de percorrer varios concellos da provincia e que consta de 10 imaxes nas que aparecen retratadas persoas alegres, orgullosas, que amosan unha parcela da súa vida que lles gusta. Cada fotografía está acompañada por un texto que reflicte unha frase ou unha idea sobre a protagonista ou sobre a súa contorna. Entre as persoas retratadas inclúense persoas de relevancia social, sexan ou non transexuais, pero si relacionadas coa realidade destas persoas  pola súa profesión e que axudan á hora de transmitir a súa mensaxe, como son especialistas da educación, do dereito, da política ou da psicoloxía.

A finalidade de “Sorrisos Transformadores” é a de, por unha banda, prever actitudes e comportamentos discriminatorios por orientación sexual ou identidade de xénero e, pola outra, combater o acoso escolar por estes dous motivos, favorecendo a visibilidade do alumnado LGTBI e a plena normalidade das orientacións sexuais e identidades de xénero. A este respecto, a exposición compleméntase cunha oferta de charlas informativas, como a que terá lugar o martes en Tui, destinadas á comunidade escolar.

 

- Publicidade -spot_img