spot_img
InicioO MorrazoCangas do MorrazoMedio Ambiente licita a redacción do proxecto construtivo do primeiro treito da...

Medio Ambiente licita a redacción do proxecto construtivo do primeiro treito da variante de Cangas

Medio Ambiente licita a redacción do proxecto construtivo do primeiro treito da variante de CangasO novo vial terá unha lonxitude aproximada dun quilómetro e servirá de itinerario alternativo á estrada Marín – Rande (PO-551), polo que permitirá aliviar o tráfico da travesía de Cangas

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas licita hoxe a redacción do proxecto do primeiro treito da variante de Cangas, por un importe de 105.801,03 euros. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a licitación do contrato de servizo para a redacción do proxecto construtivo da Variante de Cangas, treito I que vai dende a PO-551 ata a Avenida de Marín, que é o tramo considerado como prioritario.

O novo vial servirá de itinerario alternativo á estrada Marín – Rande (PO-551) ao seu paso polo núcleo urbano de Cangas, e permitirá reducir o tráfico que soporta esta estrada, que discorre por un entorno altamente urbanizado

O proxecto desenvolverá aproximadamente a metade do trazado aprobado en marzo de 2014 contemplando:

• O treito de aproximadamente 600 m comprendido a Rotonda sobre a PO-551 e a rotonda na estrada provincial PO-1001.
• A conexión coa avenida de Marín, de preto de 330 m, que integrará a variante na rede viaria municipal.

O documento que se redacte deberá ter en conta as conclusións acadadas durante o proceso de información pública do proxecto de trazado, sendo de destacar que se farán os axustes de sección tipo necesarios para dotar á infraestrutura de elementos de integración urbana e se analizará a posibilidade de substituír o recheo definido naquel proxecto por un viaduto.

A empresa adxudicataria disporá de 12 meses para redactar o proxecto. As empresas interesadas en presentar as ofertas a este contrato de servizo para a redacción deste proxecto poden remitilas ata o vindeiro día 24 deste mes.

- Publicidade -spot_img