spot_img
InicioBaixo MiñoMedalla de prata para as remeiras do Club Remo do Miño na...

Medalla de prata para as remeiras do Club Remo do Miño na ‘VI Regata internacional de Fondo’ en Viana do Castelo

medalla-de-prata-para-as-remeiras-do-club-remo-do-mino-na-vi-regata-internacional-de-fondo-en-viana-do-castelo

As remeiras do Club Remo do Miño María Maidana, Carlota González, Paula Prada e a Sevillana Paola Nair, conseguen a medalla de Prata na Regata na ‘VI Regata internacional de Fondo’ en Viana do Castelo.

Un fin de semana de Remo en estado puro na veciña cidade de Viana do Castelo, onde o Club de remo, VRL Viana Remadores e o Concello de Viana, ano tras ano, están a conseguir consolidar unha proba que se pode cualificar xa, como unha das máis interesantes da península.

Equipos de Francia, Inglaterra, España e Portugal, déronse cita para disputar o trofeo deseñado pola artista e remeira do VRL ‘Iva Viana’ que fixo un excelente traballo cos deseños.

O sábado pola tarde celebrábanse as regatas de velocidade, onde as nosas mozas foron as primeiras en competir, e fixérono fronte ás inglesas do club Agecrof RC.

As probas celebrábanse de dúas en dúas embarcacións e contra o crono. As remeiras do Club Remo do Miño, fixeron unha boa saída e conseguirían unha pequena vantaxe ata a metade dos catrocentos metros, pero unha aboia termino coas aspiracións das mozas, xa que nesa distancia era moi difícil recuperar. O equipo estaba formado por Paula Prada, María Maidana, Ana González e a Sevillana do Club Labradores de Sevilla que fixo o mixto con elas, Paola Nair.

Xa na regata de fondo do domingo, seis quilómetros, as remeiras, xa cun cambio na tripulación, CARLOTA GONZALEZ en vez de ANA GONZALEZ. Conseguirían facer unha excelente regata, sen baixar de 30 paladas por minuto durante todo o percorrido da proba, gañando con moita autoridade a súa manga ante o equipo do Labradores de Sevilla e Sport do Porto, quedando no computo xeral segundas por detrás das francesas do Club SR MACON, soamente foran superadas por cinco segundos, e deixando ao equipo xuvenil do Náutico de Sevilla a 17 segundos que entrarían de terceiras no reconto final.

Un éxito para estas mozas co hándicap de que tres delas eran Cadetes, e soamente unha era da categoría que se disputaba, a xuvenil.

Tamén levo un ‘oito con temoneiro’ con cinco remeiros que debutaban na competición de 0ito, e fixérono da man de tres veteranos do club, CAMILO, NUJO e XULLO, veteranos deste deporte cun currículo grandioso de éxitos ao longo da súa vida deportiva (Varias veces Campións de España) e finalistas europeos e Mundialistas, que quixeron saír cos máis novos, o que sen ningunha dúbida sacaron proveito desta experiencia como dicían eles. A parte destes tres, o sábado na regata de velocidade, remaron, Ayaub, Yassin, Héctor e Santi. E o domingo remou Lois no sitio de Xullo, e no sitio de Camilo remo Enrique Pena, outro veterano cun gran currículo detrás das súas costas e que gozo o domingo cos máis novos.

O vindeiro sábado remásese cos máis novos en Lanhelas (Portugal), e a seguinte será o Open de España en Bañolas, onde aquí xa se fala de palabras maiores, onde atopase o mejorcito do panorama nacional, xa no mes de marzo.

- Publicidade -spot_img