spot_img
InicioBaixo MiñoMáis de 200 persoas participarán na XIV Andaina Solidaria Tudense

Máis de 200 persoas participarán na XIV Andaina Solidaria Tudense

mais-de-200-persoas-participaran-na-xiv-andaina-solidaria-tudenseRealizará un percorrido de 27 quilómetros pasando polo Parque Natural do Aloia, Rebordáns, Ribadelouro e o Camiño Portugués

Máis de 230 persoas participarán este sábado na XIV Andaina Tudense, organizada polo Club AndaTui Rego da Pedra coa colaboración do Concello de Tui. Esta actividade foi pioneira no seu día nas andainas organizadas na provincia de Pontevedra, acumulando unha longa experiencia de máis dunha década. Esta proba foi presentada esta mañá na casa do concello polo alcalde, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Deportes, Laureano Alonso, e José Martínez Tato e Xosé Novoa do club AndaTui Rego da Pedra.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, indicou que esta “é unha das probas por excelencia do extenso e importante calendario deportivo do Concello de Tui” sinalando que esta andaina que ten carácter solidario mestura “o elemento deportivo coa posta en valor do noso patrimonio, sobre todo do noso patrimonio natural, sendo un escaparate maís”. Nese senso indicaba que serve de embaixadora  reclamo para atraer turistas e visitantes á cidade e que valoren o extenso e rico valor patrimonial e medio ambiental do municopio.

Pola súa banda o concelleiro de Deportes, Laureano Alonso, puxo o aceno no carácter solidario desta andaina, xa que parte do prezo de inscrición da andaina se destina ao colexio San Xerome.

José Martínez Tato, presidente do Club AndaTui Rego da Pedra,  explicou o percorrido de 27 quilómetros, 11 de subida e 16 de baixada, no que pasarán polos petróglifos de Randufe, a faia e o arboreto do Parque Natural do Monte Aloia, pasarán por Rebordáns, Ribadelouro, a cova da Trapa, e parte do Camiño Portugués, para regresar ao Centro Interfederado de onde sairá ás 10h.  Precisamente no remate terán festa a tradicional carreira de aros.

- Publicidade -spot_img