spot_img
InicioAlto MinhoMais de 200 participantes na segunda proba do Open de España de...

Mais de 200 participantes na segunda proba do Open de España de enduro de BTT que se celebra na Eurocidade Tui e Valença

Hoxe tivo lugar na Pousada de Valença a presentación da segunda proba do Open de España de Enduro Cannondale Big Ride Powered By Rotor que se celebrará os días 21 e 22 de maio no Monte Aloia e Monte Faro. No acto de presentación estiveron o concelleiro de Tui, Laureano Alonso, o vereador de Valença, José Monte, o director do Open de españa, Guit Martin, Jacobo Santana (actual campión do Open de España) e o corredor portugués, Marco Fidalgo.

O enduro una das modalidades do Mountain Bike que cada día gaña máis adeptos terá unha cita este fin de semana en Tui e Valença para disputar a segunda proba do Open de España de Enduro.

O Monte Aloia en Tui, un dos grandes paraísos do enduro galego e o Monte Faro en Valença acollerán a máis de 200 corredores, maioritariamente españois e cunha importante presenza de portugueses (25), que gozarán dunha contorna natural envexable e entre os que se atoparán os mellores especialistas de enduro tanto a nivel nacional como internacional.

mais-de-200-participantes-na-segunda-proba-do-open-de-espana-de-enduro-de-btt-que-se-celebra-en-tui-e-valenca

Nesta edición volverase ao formato orixinal de Big Ride no que o sábado será o día dos adestramentos oficiais e o domingo o día de competición. Competición na que se percorrerán preto de 50km cun desnivel acumulado de 1.800m e con 4 tramos cronometrados nos que cada corredor sairá cada 20 segundos.

Estes 4 tramos estarán ben diferenciados, dous tramos que serán longos, un no monte Faro e outro no Aloia, e serán os que marquen as diferenzas da proba, combinados con outros dous tramos, que se desenvolverán no Monte Aloia, e que serán máis curtos e técnicos.

O domingo día de competición dará inicio ás 8:30h co tramo 1 no Monte Faro en Valença e finalizará sobre as 15:30 no Monte Aloia coa entrega de premios que terá lugar no paddock situado na Macoca. Un paddock, onde se poderán atopar todos os servizos necesarios desde mecánicos, ata un ‘pulpeiro’ que non podería faltar nesta terra.

O gran foco de atención nesta edición estará na presenza do francés Karim Amour unha lenda viva do enduro internacional que foi 3 veces Campión do Campionato Europeo de Enduro, 4 veces Campión da Copa de Francia de Enduro, e 2 veces Gañador do Roc d’Azur, que virá acompañado por todo o equipo BH Gravity Team, o portugués Ze Manel Borges corredor que o podemos ver nas Series Mundiais de Enduro e o tamén francés Dimitri Tordo.

Tampouco faltarán a esta cita, o actual campión do Open de España de Enduro, o alicantico Jacobo Santana e os galegos Toni Pérez, Óscar Martínez e o tudense Rubén Rodríguez e actual líder do Open Galego de Enduro, así como o corredor Portugués Marco Fidalgo do Team Sport Zone Berg.

mais-de-200-participantes-na-segunda-proba-do-open-de-espana-de-enduro-de-btt-que-se-celebra-en-tui-e-valenca

Tras a primeira proba celebrada en Ojén, o Open de España de Enduro, está liderada polo portugués Emanuel Pombo do Liberty Seguros, seguido do Sub-23 Gabriel Torralba de Mondraker e do corredor de Intense Store Juan Antonio Pascual Heredia

No apartado feminino destacamos a presenza do pódium 2015 coa estoniana Maaris Meier e as españolas Marketa Michalkova e Judith Viana e acompañadas pola gran sorpresa deste ano, vencedora en Vila de Ojén e que debuta nesta modalidade, a malagueña de Cannondale Miriam Alcántara.

Por tanto o enduro nacional volverá un ano máis á Eurocidade Tui-Valença dúas cidades envorcadas e con tradición no Mountain Bike e onde se darán cita os mellores especialistas nacionais e internacionais que loitarán por achegarse todo o máis alto do Open de España de Enduro.

- Publicidade -spot_img