spot_img
InicioVigo e áreaO PorriñoLicitadas as obras para a execución dunha senda de peóns e ciclistas...

Licitadas as obras para a execución dunha senda de peóns e ciclistas na PO-331 nos concellos do Porriño e Mos

Porriño-Concello

Esta iniciativa enmárcase no Plan de Sendas de Galicia, co que a Consellería de Infraestruturas e Vivenda executará 170 quilómetros de sendas sostibles, seguras e integradas na paisaxe

A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a licitación das as obras de execución dunha senda peonil e ciclista ao longo da estrada PO-331, no lugar de Atín, concretamente entre os puntos quilométricos 1+890 e 2+810, a o seu paso polos Concellos de Mos e O Porriño. Este itinerario, que terá unha lonxitude de 1.033 metros, conta cun orzamento de case 500.000 euros, cofinanciados pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020. Para obter información máis detaiada pódese consultar este enlace.

Para a estas actuacións, que teñen un prazo de execución de 6 meses, levarase a cabo a expropiación de 31 fincas para a execución de dita infraestrutura na estrada PO-331 (Torneiros-Gondomar), que dará continuidade ao itinerario peonil existente no núcleo do Porriño (PK 1+850) ata o paso superior existente sobre a AP-9 nas proximidades de Atín (PK 2+810).

Esta actuación enmárcase no Plan de Sendas de Galicia, que prevé a execución de 170 quilómetros de sendas sostibles, seguras e integradas na paisaxe. Os itinerarios propostos para a comarca de Vigo suman 12 quilómetros en 11 novas sendas.

Características técnicas

A actuación iníciase na marxe esquerda da estrada, na que se construirá unha senda da 933 metros de lonxitude, desde o PK 1+850, nas proximidades do Colexio Santo Tomás no que finalizan as actuais beirarrúas, ata a ponte sobre a AP-9, pasando pola intersección existente coa estrada a Pereiras-Tameiga (PK 2+750). A senda terá un ancho mínimo de 1,8 metros e irá separada da calzada por unha banda verde nos tramos que é posible.

Pola marxe dereita da estrada, a obra terá unha lonxitude de 200 metros e comezará na intersección coa estrada municipal Pereiras-Tameiga, dado que ata este punto xa existe beirarrúa. A senda nesta marxe desviarase da estrada nos últimos 80 metros ata o acceso ao centro escolar de Atín. Neste último tramo terá un ancho de 3 metros.

Coa execución desta senda existirá un itinerario peonil continuo polas dúas marxes da vía que comunicará os dous centros de ensinanza co Porriño.

Cómpre lembrar que tamén se proxecta a mellora da intersección entre a PO-331 e a estrada Pereira-Tameiga, na que se construirá unha semiglorieta para facilitar os xiros á esquerda neste punto.

A obra complétase coa colocación dunha rede de saneamento e doutra para pluviais en todo o tramo obxecto da actuación, e tamén co alumeado da senda prevista na marxe dereita da estrada ata o CEIP de Atín.

- Publicidade -spot_img