spot_img
InicioGaliciaLa Vuelta 2016 sairá desde un balneario da provincia de Ourense e...

La Vuelta 2016 sairá desde un balneario da provincia de Ourense e percorrerá as catro provincias galegas

La Vuelta-2016-sairá-desde-balneario-provincia-Ourense-percorrerá-catro-provincias-galegas

La Vuelta Ciclista a España 2016 sairá de novo desde Galicia, concretamente dende un balneario da provincia de Ourense onde terá lugar unha contrarreloxo por equipos. A nosa comunidade albergará, ademais, cinco etapas que transcorrerán polas catro provincias galegas.

Por segunda vez  nos últimos catro anos e por oitava vez na súa historia, La Vuelta sairá desde Galicia  ao que hai que sumar que só dúas das últimas 22 finais da rolda española tiveron lugar fóra de Madrid e ambas as dúas foron en Santiago de Compostela

Deste xeito, Galicia ocupará, unha vez máis, un lugar destacado neste gran acontecemento deportivo que conxuga a competición coa promoción turística por onde discorre.

A directora de Turismo de Galicia destacou que é unha oportunidade única para continuar coa traxectoria de internacionalización do destino Galicia

Ourense protagonizará outro momento histórico ao igual que o foi o sorprendente comezo dende unha batea en Vilanova de Arousa no ano 2013 ou o remate do pasado ano que mesturouse coa meta do Camiño en Santiago de Compostela.

O retorno económico de La Vuelta 2014 ao seu paso por Galicia foi de máis de 4 millóns de euros, dos que mais de 2 millóns de euros proviñeron da repercusión mediática e os mais de 1,7 millóns de euros restantes viñeron do retorno da inversión directa

Así, a nosa comunidade continúa constituíndo un piar fundamental neste evento xa que La Vuelta sairá desde Galicia por segunda vez nos últimos catro anos e por oitava vez na súa historia ao que hai que sumar que solo dúas das últimas 22 finais da ronda española tiveron lugar fóra de Madrid e ambas as dúas foron en Santiago de Compostela.

No 2016, Galicia mostrará de novo todo o seu esplendor a miles de espectadores cun inicio único e cinco etapas que non deixará a ninguén indiferente.

En declaracións aos medios, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, afirmou esta mañá La Vuelta ofrece á nosa comunidade unha vez máis unha oportunidade única para continuar coa traxectoria de internacionalización do destino Galicia.

Nava Castro referiuse a este evento deportivo como “unha magnifica ferramenta para dar a coñecer as variadas paisaxes, a sorprendente natureza, a excelente enogastronomía e o noso importante patrimonio cultural diseminado por toda a xeografía galega”.

Así mesmo, a responsable de Turismo da Xunta sinalou que La Vuelta constituirá unha carta de presentación da nosa oferta turística a nivel internacional.

Espectacular repercusión mediática
No pasado ano, tanto na saída coma durante a carreira ou na meta de cada unha das etapas que transcorreron polo territorio galego houbo un nivel de asistencia de público masiva rexistrándose un total de 2.100.000 espectadores in situ.

A estes espectadores que se acercaron ata os lugares por onde pasou La Vuelta hai que engadir a espectacular repercusión mediática acadada. O evento foi seguido por un gran número de seguidores a través das pantallas de varios países do mundo acadando a cobertura internacional 190 países dos cinco continentes.

A nivel nacional, La Vuelta tamén tivo unha presenza continuada na televisión con mais de 8 horas de difusión diarias e unha cota de pantalla do 14%, así coma unha audiencia acumulada de mais de 31 millóns.

En total, este evento xerou máis de 18 mil artigos na web, mais de 6 mil artigos en prensa, 600 repercusións na radio e 516 noticias de televisión.

As cinco últimas etapas da La Vuelta 2014 disputadas en terras galegas supuxeron mais dun billón de audiencia e unha valoración de preto de 16 millóns de euros.

Máis de 4 millóns de euros de retorno económico
Ademais, ao impacto mediático e a gran repercusión comunicacional que xerou, hai que unir os beneficios directos que produciu La Vuelta nas zonas polas que transcorreu.

Soamente a organización realizou reservas en 80 hoteis galegos, o que supuxo un total 2.500 prazas hoteleiras ocupadas ás que hai que sumar as prazas dos invitados, medios de comunicación e afeccionados.

Con todo, o retorno económico de La Vuelta 2014 ao seu paso por Galicia foi de máis de 4 millóns de euros, dos que mais de 2 millóns de euros proviñeron da repercusión mediática e os mais de 1,7 millóns de euros restantes viñeron do retorno da inversión directa.

- Publicidade -spot_img