spot_img
InicioO Salnés"La raza cósmica" de Lucas Míguez chega ao Auditorio Municipal de Ribadumia

“La raza cósmica” de Lucas Míguez chega ao Auditorio Municipal de Ribadumia

raza-cósmica-Lucas-Míguez-chega-Auditorio-Municipal-Ribadumia

O Auditorio Municipal de Ribadumia acolle dende onte a exposición ” La Raza Cósmica” do escultor Lucas Míguez. Esta colección xa visitou varios concellos do Salnés, e dende o día 6 de novembro estará en Ribadumia ata o vindeiro 27 de xaneiro. Á inauguración acudiron o alcalde de Ribadumia, David Castro; a concelleira de Cultura, Mar Rey; o concelleiro de Servizos Sociais, Enrique Oubiña, o concelleiro de Medio Ambiente, Pepe Lede; o propio autor da obra, Lucas Míguez e representantes da Mancomunidade do Salnés.

A colección, “formada por máis de vinte obras que mostran unha representación entre onírica e simbólica cuxo froito son uns seres amorfos con actitudes humanas”, foi doada polo artista á Mancomunidade do Salnés, entidade que agora se encarga de expoñela por todo o territorio do Salnés.

Esta exposición escultórica está formada por obras de estilo abstracto, “aínda que sen renunciar a unha figuración realista” realizadas polo autor entre os anos 1995 e 2000. Lucas Míguez, procedente de Mos (Pontevedra), realizou esta colección inspirado polo pensamento filosófico do pensador mexicano José Vasconcelos, que manifestaba a aparición dunha civilización máis “evolucionada froito da mestura de todas as razas humanas”.

En Ribadumia xa está exposta dende o 6 de novembro no Auditorio Municipal  e estará aberta ó publico en horario de domingos pola tarde de 18:00 a 21:00 horas. Os grupos interesados en realizar unha visita noutro horario poden concertar unha cita nas oficinas do Concello de Ribadumia en horario de 08:00 a 15:00 ou no teléfono 986718491. A entrada é gratuíta.

raza-cósmica-Lucas-Míguez-chega-Auditorio-Municipal-Ribadumia

 

- Publicidade -spot_img