spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaJoaquín Miguel Villa presenta na Guarda o seu derradeiro traballo literario

Joaquín Miguel Villa presenta na Guarda o seu derradeiro traballo literario

joaquin-miguel-villa-presenta-na-guarda-o-seu-derradeiro-traballo-literarioO Centro Cultural da Guarda acolle este venres a presentación do libro “Hospital Casa-Asilo de A Guarda(1918-2018), Centenario de una institución benéfica nacida en Puerto Rico”, obra do historiador local Joaquín Miguel Villa Álvarez.

Nesta presentación, que terá lugar ás 20:30h do venres, J. Miguel Villa explicará aos presentes o traballo de investigación da xénese e historia do Hospital Casa-Asilo da Guarda, emblemático edificio, que alberga hoxe as instalacións do Centro Cultural na Rúa Rosalía de Castro, no centenario da comisión que se formou en Puerto Rico para a súa construción.

Miguel Villa é Doctor en Historia Contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela e centrou gran parte do seu traballo na investigación dos movementos migratorios entre A Guarda e diversos países de América Latina, que o levou a publicación de varios libros e ensaios esta temática.

O libro “Hospital Casa-Asilo de A Guarda(1918-2018), Centenario de una institución benéfica nacida en Puerto Rico” examina máis polo miúdo como foi o proceso de formación dunha xunta organizadora no ano 1918 en Puerto Rico, encargada da obtención dos recursos económicos para a construción dun Hospital na Guarda, dada a necesidade destas instalacións sanitarias na vila e da existencia de moitas familias necesitadas e con poucos recursos, que non tiñan opción dunha atención médica de calidade.

En palabras de Joaquín Miguel Villa, este edificio é “un legado de patrimonio para A Guarda” e un “símbolo da emigración”.

Dende o Concello da Guarda convídase a todo aquel que desexe coñecer como foi este fito da historia da nosa vila a que participe nesta presentación este venres ás 20:00h no Centro Cultural da Guarda, ademais contarase cunha sorpresa a cargo dos Quinquilláns.

 

- Publicidade -spot_img