spot_img
InicioVal MiñorNigránO Intermodal Galego de Bolos 2017 celébrase en Camos (NIgrán)

O Intermodal Galego de Bolos 2017 celébrase en Camos (NIgrán)

Nigrán-celebra-fin-semana-VI-Torneo-San-Fiz-Bolos-CeltasOs próximos días 1 e 2 de Xullo en Camos – Nigran, xogáse o “INTERMODAL GALEGO DE BOLOS 2017” onde se xogan dez modalidades distintas das catro provincias Galegas. Participando xogadores das catro provincias.

O sábado día 1 a partir das 10:00H empeza a competición onde se xogaran as Categorías Femininas, Xuvenil e Veteranos, así como a Sénior a cal se disputara o sábado e domingo, as Categorías inferiores xogansen o domingo día 2, a competición o domingo empeza ás 9:30H.

A entrega de trofeos será o domingo ás 14:00h no campo de San Roque -Camos – Nigran.

O que se busca con este Intermodal é a recuperación e divulgación dun xogo Autóctono e tradicional que en moitos lugares de Galicia está esquecido, noutros a piques de desaparecer e en moi poucos se segue xogando a día de hoxe.

As modalidades que se van a xogar e nas que participaran xogadores das distintas provincias serán:

Provincia da Coruña: Bolos do Barbanza
Provincia de Lugo: Bolos Canteiro, Bolos Xove, Bolos en Liña e Bolos de Quiroga
Provincia de Ourense: Bolos Viana do Bolo
Provincia de Pontevedra: Bolos Miñor, Bolos Sete de Santa Maria de Oia,
Bolos Cinco de Tomiño e Bolos de Soutomaior.

Este evento é tamén un apoio aos Birlos para que sexan “DECLARADOS COMO BEN INMATERIAL DE INTERESE CULTURAL-ETNOGRÁFICO INMATERIAL, DENTRO DO PATRIMONIO CULTURAL DE GALICIA”

- Publicidade -spot_img