spot_img
InicioVal MiñorBaionaInaugurada a nova zona recreativa da Ladeira (Baiona), con merendero, xogos infantís...

Inaugurada a nova zona recreativa da Ladeira (Baiona), con merendero, xogos infantís e zona de relax

inaugurada-a-nova-zona-recreativa-da-ladeira-baiona-con-merendero-xogos-infantis-e-zona-de-relax

A zona verde próxima á praia Laderia, o areal de maior superficie do concello de Baiona, xa se converteu nun novo espazo de lecer ao aire libre, con merendero, xogos infantís e zona de relax. O Alcalde de Baiona e varios concelleiros inauguraron o novo reciento pero os grandes protagonistas da xornada foron os nenos e nenos da Escola de Verana do Colexio de Sabarís pois foron os primeiros en estrear os xogos.

O obxectivo das obras foi o de converter a zona verde nunha nova zona recreativa para os veciños/as e moitos turistas que veñen gozar da vila mariñeira.

Na Praia Ladeira hai un espazo verde nas proximidades do aparcadoiro que se atopa valado con algúns bancos dispostos polo perímetro. A intención do executivo local é habilitar na zona un merendero perfectamente acondicionado e ter unha contorna moi coidado que anime ao gozar e ao esparexemento lúdico neste ámbito de praia. Para iso, acondicionarase o espazo coa creación de dúas zonas diferenciadas: unha con elementos de ximnasia e xogos, outra de descanso e relax.

Na zona de ximnasia, baixo as árbores, instalaranse distintos elementos fabricados con materiais acordes á contorna, preferentemente en madeira de robinia sen albura, lijada, e sen cortiza, posto que a robinia no seu estado natural é moi resistente, garantindo a durabilidad dos elementos ao longo dos anos. Para os máis pequenos crearase unha zona de xogos infantil con varios elementos: Unha rede de cuerde horizontal suspendida dunha estrutura de postes e traveseiros de madeira e capacidade para 5 usuarios, troncos de equilibrio formado por 3 troncos verticais de distintas alturas de acceso a un tronco horizontal de equilibrio e saída por outros 3 troncos verticais de distintas alturas, e capacidade para 6 usuarios, postes de escalada verticais de distintas alturas (1,6-2-2,5 metros) con presas en cores para facilitar a escalada e capacidade para 3 usuarios, paso de cordas composto por 3 tramos de corda en distintas direccións, con pasamanos de madeira sobre corda, de 2 metros de lonxitude por tramo e capacidade para 6 usuarios, unha rede vertical de escalada, cunha altura total de 2,8 metros e capacidade para 4 usuarios e un circuíto de argolas suspendidas dunha estrutura de ,madeira a unha altura de 2,5 metros e capacidade para 3 usuarios.

En canto á zona de descanso instalaranse varias mesas de picnic repartidas na zona de sol e sombra. Ademais instalarase céspede artificial nunha superficie de 10x10m para deste xeito crear un espazo limpo e agradable tanto para comer como para descansar e xogar. Ao mesmo tempo dotarase ao parque de mobiliario público (bancos, papeleiras).

O proxecto de acondicionamento do recinto será financiado pola Concellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia con cargo a Convervación dá Natureza, conta cun orzamento de 17.746,16 ? e ocupa unha superficie de 1.000 metros cadrados.

Os pequenos da escola de verán do Concello foron os encargados de inaugurar a zona de xogos mentres que unha familia portuguesa foi a primeira en comer nas novas mesas de picnic. O Alcalde estivo a charlar amistosamente con eles. Os lusos comentaron ao rexedor que lles pareceu unha gran idea a creación da zona pois así se podía gozar da praia e o campo á vez.

- Publicidade -spot_img