A II edición do Festival de Cultura Arraina presenta unha programación chea de actividades e espectáculos

A segunda edición do Festival Arraianos de Tui terá lugar os días 8, 9  e 10 de setembro no casco antigo de Tui.

Esta mañá tivo lugar na Salón de Plenos do Concello de Tui a presentación da segunda edición do Festival Arraianos, que se vai celebrar esta fin de semana na cidade. A presentación correu a cargo do teniente de alcalde do Concello de Tui, Miguel Ángel Capón, da concelleira de Ensino e Cultura, Mª José González, de Andrea Costa e Víctor Pérez Bugarín, da organización do Festival da Cultura Arraiana, e de dous representantes de Hípica Celta, Sergio Pérez e Waskar Yoet Álvarez.

Mercado medieval, receitas de Poniente, torneos, recreacións históricas, visitas teatralizadas, espectáculos, conferencias …e o Survival Zombie Medieval nocturno, como novidade o Concurso de Pinchos e a Carreira medieval en Kaiak “Á Conquista do Miño”

“Banquete da Noite de Curuxas”. Banquete medieval con animaciónPara o“Banquete da Noite de Curuxas”, banquete medieval con animación, ainda quedan algunas plazas á venda.

O venres ás 21h dará comezo o festival cos apertura do Mercado Arraianos e ás 23h terá lugar o espectáculo inaugural na praza de San Fernando. As actividades, pensadas para todo tipo de persoas, sucederanse durante as xornadas do sábado e do domingo, cando terminará o festival co acto de clausura ás 21.30h na praza de San Fernando e o peche definitivo do Mercado Arraianos ás 23h.

As propostas inclúen novidades como o Torneo Medieval ou a carreira “Á conquista do Miño”, mentres repeten a súa aposta por actividades como o Survival Zombie Medieval ou o banquete na noite do sábado.

Programa

VENRES 8

  • 00h – Comeza o Mercado Arraianos con animacións, artesanía e gastronomía (terá un parón dende as 16:00h ata as 19:00h sábado e domingo)
  • 00h – Espectáculo inaugural na praza de San Fernando

SÁBADO 9

  • Ás 12.00h – Apertura do Mercado Arraianos
  • Ás 30h – Carreira medieval en Kaiak “Á Conquista do Miño” con saída dende a praia da Mariña
  • Ás 16.00h – Comezo do  “Campamento Medieval”
  • Ás 19.00h – Desfile Musical Cultural en Colaboración con Lembranzas da Terra de Guillarei. Paseo da Corredoira e Praza de San Fernando
  • Ás 20.30h – “Torneo Medieval” na Mariña
  • De 21.45h a 00.30h – “Banquete da Noite de Curuxas”. Banquete medieval con animación
  • De 23.00h a 7.00h “Survival Zombie Medieval” da WRG.
  • 00h – Espectáculo da “Noite de Curuxas” na praza de San Fernando

DOMINGO 10

  • 00h – Mercado Arraianos
  • 00h – “Campamento Medieval”
  • 00h – Conferencia do século XVII sobre o patrimonio e historia da cidade de Tui no cárcere vello. Entrada libre
  • 00h – Visitas Teatralizadas
  • 30h – “Torneo Medieval” na Mariña
  • 30h – Clausura de Arraianos na praza de San Fernando
  • 00h – Peche do Mercado Arraianos

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies