spot_img
InicioVal MiñorNigránII Edición das xornadas de Babybasket organizadas por Basketgal e Clu Baloncesto...

II Edición das xornadas de Babybasket organizadas por Basketgal e Clu Baloncesto Nigrán

Nigrán destinará 510.947 euros procedentes do remanente de tesouraría para o acondicionamento do Pavillón Municipal de Panxón

Este Domingo a partir das doce da mañá o pabellon de Panxón será testemuña da segunda edición das xornadas de Babybasket organizadas pola asociación deportiva Basketgal, organización que traballa coa Secretaría Xeral para o Deporte a través de Xogade ,coa colaboración do CB Nigrán.

O obxectivo destas xornadas é brindar aos nenos e nenas que se están iniciando e que aínda non teñen opción de participar en ningunha competición a oportunidade de compartir xunto a outros clubs unha día lúdico co baloncesto como nexo de unión.

Ao longo da mañá realizaranse diferentes xogos en torno ao baloncesto, para a continuación ,disputar diferentes partidos entre os clubs participantes.

ii-edicion-das-xornadas-de-babybasket-organizadas-por-basketgal-e-clu-baloncesto-nigranAdemas de formar parte da organización o CB Nigràn participa cun equipo propio composto por 13 nenos e nenas de entre 5 e 7 anos dos diferentes colexios de Nigràn onde o club ten escolas deportivas, un dos seus grandes éxitos , xa que en só dúas tempadas creou escolas en catro dos cinco colexios públicos de Nigràn. En cada un deles o club conta cun importante grupo de niñ@s que adestran semanalmente nos seus respectivos colexios de man dos adestradores do club e baixo a coordinación de Nuria Gómez, técnico superior de baloncesto e Directora deportiva do mesmo,contando ademais coa posibilidade de participar en todos os Torneos que organiza o CB Nigràn así como naqueles aos que son convidados.

Desde o principio o CB Nigràn apostou forte polo traballo nos colexios como a forma màs idónea de achegar o baloncesto aos màs pequenos e esa implicación deu os seus froitos fortalecendo de forma excepcional as súas categorías de minibàsket onde contan con dous equipos que compiten na liga Basketgal conseguindo magníficos resultados, ademais dos tres equipos de Basket que compiten na liga da Federación.

Este traballo viuse reforzado coa designación de Nuria Gómez, directora deportiva do CB Nigràn, para levar este curso as Escolas Deportivas Municipais de Baloncesto no Concello de Gondomar, Concello no que o Club xa se puxo en contacto cos directores de diferentes centros educativos para , a partir da seguinte tempada, crear escolas deportivas coa mesma filosofía que en Nigràn, traballar semanalmente nos centros educativos coa posibilidade de participar en todos os Torneos que organiza o CB Nigran así como naqueles aos que son convidados.

 

- Publicidade -spot_img