I Concurso de “haikus” contra a violencia de xénero no Rosal

i-concurso-haikus-violencia-xenero-no-rosalO Concello de O Rosal fixo entrega dos premios do primeiro concurso de “haikus”, que organizou para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

As obras presentadas debían mostrar un espíritu crítico e comprometido contra o maltrato as mulleres sendo duas as categorías que optaban a premio, a modalidade de persoa adulta e a modalidade de alumnado, pero debido á cantidade de obras presentadas entre a xente máis nova do Rosal, o Concello a concedido 3 premios accésit.

Os primeiros premios foron obsequiados con un ebook e os accésit con tres lotes de papelería.

Mª Carmen Alonso Alonso, concelleira de Servizos Sociais e Muller fixo entrega dos premios e diplomas ás persoas gañadoras

i-concurso-haikus-violencia-xenero-no-rosalO haiku é un xénero poético de orixe xaponesa. Os haikus escríbense, segundo a tradición, en tres versos sen rima, de 5, 7 e 5 sílabas, respectivamente. 

1º PREMIO PERSOA ADULTA:

Paula Estévez Franco (tamén coñecida como Paula Esfra), rosaleira de 22 anos  gañadora do 1º premio de haikus do Concello do Rosal na modalidade de persoas adultas.

Graduase neste ano 2017 en Belas Artes na Universidade de Vigo e está especializada en pintura, ilustración e deseño gráfico.

Na gran parte dos seus traballos amosa un especial interese pola muller, o seu papel na sociedade e a súa identidade así como a integración do ser humano e a natureza. Estas son as temáticas nas que se inspira para realizar as ilustracións presentadas ao concurso de “Haikus” contra a violencia de xénero do Concello do Rosal.

1º PREMIO ALUMNADO:

Celia Areal dos Santos, de 12 anos e natural de Tabagón no Rosal, estuda no CPI Suárez Marquier do Rosal 2º da ESO e é a gañadora do 1º premio de haikus do Concello do Rosal na modalidade de alumnado.

Celia ten unha especial sensibilidade polos temas de igualdade e dereitos da muller, dos que ainda sendo moi nova, mostra moitas inquedanzas.

Na súa obra valorouse en especial a súa arte e capacidade expresiva tanto no poema como nas imaxes que acompañan ao texto.

PREMIO ACCÉSIT:

Martín Sobrino Rodríguez de A Cunchada aos seus 8 anos xa amosa interese pola literatura e pola arte, e así o demostra na súa obra de haikus que resultou gañadora cun dos premios accésit.

Claudia Santos Lorenzo de Eiras de 8 anos, é a gañadora dun dos tres premios accésit. Na súa obra destaca a capacidade expresiva, o colorido e o texto.

Alba Álvarez Casaleiro de Martín, resultou gañadora de outro dos premios accésit no concurso de haikus, valorando en especial a parte plástica o colorido e a expresividade.

Vídeo do concurso de haikus contra a violencia de xénero celebrado no Rosal.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies