spot_img
InicioPontevedra e ÁreaHoxe entregáronse os diplomas ás 30 persoas participantes no programa “Depoemprega"

Hoxe entregáronse os diplomas ás 30 persoas participantes no programa “Depoemprega”

A Deputada de Emprego, Montse Magallanes, entregou esta mañá diplomas a 30 persoas participantes no programa de emprego “Depoemprega 2015”.

Foi no Salón de Actos do Edificio administrativo da Deputación de Pontevedra e estivo acompañada polo persoal do servizo de Emprego da institución provincial. Estas 30 persoas recibiron así un recoñecemento polas prácticas profesionais que levaron a cabo ao abeiro dos cursos ofertados por este programa de emprego.

O persoal de Emprego da Deputación sinalou os resultados desta iniciativa, que se marcou o obxectivo de acadar emprego a un 45% do persoal participante (un obxectivo conseguido). Ademais, firmáronse 29 convenios empresariais cos que 35 dos e das participantes puideron realizar prácticas, sempre dende un punto de vista persoal, xa que a cada unha destas persoas se lles aplicaron estratexias individuais. Pola súa banda, a Deputada Montse Magallanes sinalou que “unha das maiores preocupacións deste Goberno provincial é ir mellorando os datos de desemprego, sobre todo no caso das persoas novas e con algunha discapacidade, e polo tanto o impulso e a adopción de medidas para que as cifras de desemprego na nosa provincia sexan cada vez menores”.

Lembramos que DepoEmprega 2015 foi un programa integrado de emprego que desenvolve a Deputación de Pontevedra en colaboración coa Consellería de Traballo da Xunta de Galicia. Esta iniciativa, cunha duración de 12 meses (de setembro de 2015 ata agosto de 2016) estivo dirixida á mellora da ocupación e a inserción laborais das persoas traballadoras en situación de desemprego nos concellos de Bueu, Cangas, A Estrada, O Grove, Ponteareas, Tui e Vilagarcía de Arousa.

DepoEmprega 2015 combinou accións de intermediación laboral con outras de diferente natureza, como a formación transversal en novas tecnoloxías e/ou idiomas, técnicas de coaching e motivación para a busca de emprego (por conta propia e allea), fomento da capacidade emprendedora, mobilidade laboral, prospección empresarial… En definitiva, todas aquelas accións dirixidas a incrementar as posibilidades de inserción laboral das persoal demandantes de emprego incluídas no programa.

A iniciativa tivo como beneficiarias a 110 persoas durante os seus 12 meses de vida. Estas persoas, todas elas desempregadas, debían cumprir cando menos un dos seguintes requisitos: ter algunha discapacidade, ser menor de 30 anos e cunha baixa cualificación, ser perceptora de prestacións, recibir algún subsidio por desemprego ou renda activa de inserción, ser beneficiaria do programa de recualificación profesional ou ser muller ou persoa desempregada de longa duración.

 

- Publicidade -spot_img