spot_img
InicioBaixo MiñoA Guarda organiza dúas xornadas de información medioambiental nas praias con Bandeira...

A Guarda organiza dúas xornadas de información medioambiental nas praias con Bandeira Azul

as-praias-de-area-grande-e-o-muino-da-guarda-luciran-un-ano-mais-o-distintivo-internacional-de-bandeira-azulO Concello da Guarda, como  xa ven sendo habitual no verán, celebra unha campaña informativa medioambiental nas praias con Bandeira Azul coincidindo co final do mes de agosto.

Este verán celebraranse dúas actividades dirixidas ao público infantil. A primeira delas será o xoves 31 de agosto na praia de Area Grande a partir das 16:00 horas. Os cativos participantes realizarán unha actividade de sensibilización medioambiental centrada na identificacións dos residuos que se poden atopar nas praias e onde deben depositarse para evitar a contaminación dos nosos espazos naturais.

Trátase, por tanto, de dar unha perspectiva de responsabilidade aplicable ao noso día a día, para concienciar sobre as consecuencias de desbotar os lixo no chan,  podendo rematar no mar e na nosa costa. Cun sinxelo xogo, os nenos e nenas poderán adquirir o compromiso de non botar ao chan os refugallos e os coñecementos necesarios para realizar unha correcta reciclaxe dos mesmos.

guarda-organiza-duas-xornadas-informacion-medioambiental-nas-praias-bandeira-azulPara completar as actividades medioambientais, este venres 1 de setembro celebrarase un obradoiro de cometas. A cita, que tivo que ser reprogramada por mor das malas condicións meteorolóxicas, terá lugar na praia do Muíño ás 11:00 horas, onde os cativos aprenderán a elaborar unha cometa con materiais reciclados.

Estas actividades non precisan de inscrición previa, de xeito que as nenas e nenos interesados en participar soamente deberán achegarse ás praias.

Como complemento a estas dúas xornadas de sensibilización medioambiental,  exporanse carteis e folletos informativos de concienciación  medioambiental, amais de información sobre o sendeiro azul que une as dúas praias guardesas con Bandeira Azul.

- Publicidade -spot_img