spot_img
InicioReportaxesGreenpeace aplaude a entrada en vigor do Acordo de París e destaca...

Greenpeace aplaude a entrada en vigor do Acordo de París e destaca que supón o fin da era dos combustibles fósiles

greenpeace-urxe-a-reducir-as-emisions-de-co2-porque-ainda-que-se-han-estancado-son-as-mais-altas-da-historia

A organización ecoloxista espera que o novo Goberno español comece a poñer en marcha medidas para reducir as súas emisións

Greenpeace considera unha moi boa noticia para o planeta a entrada en vigor do acordo de París xa que así se inicia un camiño irreversible cara á eliminación completa dos combustibles fósiles para obter enerxía.

“Co seu compromiso co Acordo de París, os Gobernos subliñan a inevitable transición global para deixar atrás os combustibles fósiles”, declarou Jennifer Morgan, directora de Greenpeace Internacional.

Neste sentido, Greenpeace espera que o Goberno español recentemente constituído non eluda as súas responsabilidades e comece a poñer en marcha medidas para reducir as súas emisións.

“O novo Goberno de España ten que dar un xiro de 180º ás políticas enerxéticas que marcaron os últimos anos. Favorecer un crecemento acelerado das enerxías renovables, permitir o autoconsumo e fixar, como moi tarde, o ano 2025 para que pechen as súas portas as térmicas de carbón, son obxectivos imprescindibles tras a entrada en vigor do Acordo de París”. Así o declarou Tatiana Nuño, responsable da campaña de cambio climático de Greenpeace.

A organización ecoloxista fai fincapé en que as enerxías renovables superan xa aos combustibles fósiles nos mercados e que a queima de carbón para obter enerxía comezou xa un declive imparable, polo que existen razóns para ser optimistas, a pesar de que é necesaria máis innovación e respaldo social.

Greenpeace espera que os plans nacionais dos gobernos comecen a ser moito máis ambiciosos para reducir as emisións, porque actualmente aínda queda moito camiño por percorrer e que nas conversacións climáticas de Marrakech, os gobernos empecen a abordar, coa urxencia que require o noso planeta, esta perigosa brecha que existe entre a redución de emisións necesaria para non superar o 1,5º C e os compromisos asumidos ata o momento polos países.

“Agora e nos próximos anos entramos nun momento crucial para evitar o caos climático porque aínda podemos facer fronte aos efectos máis graves con solucións limpas, seguras e intelixentes, que ademais xa están probadas e atópanse listas para ser implantadas”, engadiu Morgan. “As renovables son beneficiosas para a saúde, o emprego e o medio ambiente, polo que non podemos deixar pasar esta oportunidade con obxectivos nacionais débiles que supoñerán grandes gastos, grandes riscos e grandes signos de interrogación”, concluíu Morgan.

Tatiana Nuño, responsable de campaña de cambio climático en Greenpeace asistirá á conferencia sobre o clima en Marrakech, COP22, xunto cun equipo internacional da organización ecoloxista.

- Publicidade -spot_img