spot_img
InicioVal MiñorGondomarGondomar promove un concurso fotográfico para ter tamén o seu "mellor banco...

Gondomar promove un concurso fotográfico para ter tamén o seu “mellor banco do mundo”

gondomar-promove-concurso-fotografico-ter-tamen-seu-mellor-banco-do-mundoO Concello de Gondomar promove un concurso fotográfico para elixir o seu “mellor banco do mundo”, para o cal proporá e tramitará a colocación dun ‘banco’ para comtemplar descansadamente a panorámica elexida nun concurso de fotografía.

O Concurso, promovido pola Concellería de Turismo, está aberto a tódalas persoas profesionais ou afeccionadas á fotografía que desexen participar. O tema escollido é “Un lugar para un banco”. O obxectivo é procurar imaxes de lugares feitas dende Gondomar, que permiten observar panoramicas do Concello , do Val Miñor ou da costa e que inviten a repousar, a deter o tempo, a sentarse para contemplar sen reloxio o espectacular panorama que se presenta diante dos nosos ollos.

O banco será deseñado polo Arquitecto Municipal, Antonio Soliño Troncoso. Caso non ser posible esta ubicación , tramitaráse noutra das elixidas polos votos recollidos.

As obras presentadas serán preseleccionadas por un xurado que valorará os seguintes criterios:

  • Beleza e/ou  espectacularidade da paisaxe.
  • Adecuación do lugar para poder colocar un banco contemplativo.
  • Accesibilidade do lugar.
  • Ubicación que invite ao silencio, ao relax, a contemplación, a meditación ao disfrute visual.
  • Proxección exterior do potencial turístico do Concello de Gondomar

As fotografías de cada autor/a serán enviadas nun mesmo correo electrónico á dirección concursofotografia@concellodegondomar.gal acompañadas da folla de inscrición que figura como ANEXO I a estas bases, debidamente cuberta, e disponible na web do Concello de Gondomar,  www.concellodegondomar.com e na Concellería de Turismo-

Só se admitirá un único correo por autor/a, prevalecendo en calquera caso o primeiro envío recibido que non exceda o límite de 3 imaxes.

Non se admitirán a concurso aquelas imaxes que fosen remitidas por calquera lugar ou medio fóra do establecido nestas bases; aquelas que poidan vulnerar o dereito ao honor ou á intimidade de terceiras persoas ou que poidan resultar de mal gusto, ofensivas, difamatorias, xenófobas ou que conculquen a legalidade vixente.

Tamén serán descartadas as fotografías que non reúnan a calidade esixida, que non se ateñan ao tema da convocatoria e aquelas que leven sinatura ou algunha outra marca identificativa.

Unha vez pechado o prazo de presentación de fotografía abrirase un prazo para a votación telemática entre as fotografías seleccionadas por un xurado que se reunirá para determinar cales cumpren os requisitos para ser consideradas candidatas.

O lugar para que Gondomar coloque un banco para o mundo, será o que teña maior número de votos cidadáns.

PREMIOS

O premio é intransferible e consistirá na entrega dun diploma acreditativo, e unha cea para duas persoas nun restaurante de Gondomar. Asador Brado

Un teléfono móvil donado polo comercio Expert Gondomar sortearase entre todos os participantes que emitan votos telemáticos.

 

- Publicidade -spot_img