spot_img
InicioVal MiñorGondomarGondomar programa actividades para promocionar a praza de abastos co gallo do...

Gondomar programa actividades para promocionar a praza de abastos co gallo do Día Internacional do Mercado

Mercado GondomarUn ano máis, a concellería de comercio do concello de Gondomar en colaboración coa Dirección Xeral de Comercio e Consumo e a praza de abastos de Gondomar, celebra a campaña “Quere o teu mercado”, co obxectivo de apoiar, promocionar e visibilizar o papel dos mercados nas vilas, potenciando así a compra do produto local e mostrar a profesionalidade dos praceiros e praceiras.

Os mercados municipais xogan un valioso papel dinamizador e revitalizador das vilas onde se establecen achegando á veciñanza a compra de alimentos dun xeito comodo. 

Este ano, dende o día 15 ate o 27 de maio terá lugar na praza de abastos de Gondomar actividades promocionais para que todas as persoas que se acheguen ó mercado poidan catar e degustar productos tradicionais da zona como queixo, marmeladas, cervexas, etc.; obradoiros de conservación de froitas e elaboración artesanal de queixos e marmeladas. Con isto se pretende por unha banda activar as ventas do mercado e por outra incentivar a creación de novos negocios complementarios para a revitalización do sector.

Quere o teu mercado (Love Your Local Market), con orixe no Reino Unido, está promovido a nivel internacional pola World Union of Wholesale Markets, e conta coa participación de mercados de España, Reino Unido, Francia, Alemaña, Holanda, Polonia, Italia, Irlanda, Bélxica, Grecia, Dinamarca, Suecia, Hungría, Serbia, Hong Kong e Estados Unidos.

- Publicidade -spot_img