spot_img
InicioPontevedra e ÁreaGondomar prepara o concurso de comparsas de entroido que desfilarán o 26...

Gondomar prepara o concurso de comparsas de entroido que desfilarán o 26 de febreiro

gondomar-prepara-o-concurso-de-comparsas-de-entroido-que-desfilaran-o-26-de-febreiro

A concellería de Cultura de Gondomar, convoca o concurso de comparsas de entroido cos seguintes premios: unha axuda de 1000 € para a gañadora, 800 € para a segunda clasificada, 600 € para a terceira;  6 axudas de 350 € e outras 6 axudas de  200 € para as seguintes clasificadas.

O desfile celebrarase o día 26 de febreiro a partir das 16h circulando polas principais rúas de Gondomar. Un xurado composto por 7 persoas será o encargado de elixir os gañadores, tendo en conta detalles cómo o vestuario, a maquillaxe, a escenografía e a música en directo. Non está permitido que participen cabalos ou outros animais no desfile.

O mínimo de participantes de cada comparsa é de 20 persoas, este mínimo deberá  estar composto por maiores de 18 anos.  As comparsas interesadas terán que inscribirse no rexistro do Concello a través da Sede Electrónica, o prazo remata as doce da madrugada do día 12 de febreiro. A documentación que deben aportar cada un dos grupos varía no caso de que se presenten como comparsas de  agrupacións xa rexistradas ou cómo agrupacións informais.

No caso das primeiras, as agrupacións deberán acreditar que se atopan rexistradas no Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia;  ademáis da documentación: DNI do representante legal, CIF da entidade, declaración xurada de non perseguir fins lucrativos con dita actividade, certificar que se atopan o corriente das súas obrigas fiscais e un orixinal de certificado da conta bancaria.

As comparsas de agrupacións informais únicamente deberán presentar o certificado da conta bancaria orixinal, fotocopia do DNI do representante e o Anexo 1 asinado e cuberto. Neste caso a documentación poderá entregarse, ademáis de a través da Sede Electrónica, de forma física no Rexistro do Concello.

Esta información está dispoñible na páxina Web do Concello de Gondomar.  www.concellodegondomar.gal

Os grupos pre-inscritos serán convocados, unha vez sexa confirmada a su participación ,a unha reunión no Concello o día 20 de febreiro as 19h, para informar os responsables de cada grupo dos pormenores do desfile.

- Publicidade -spot_img