spot_img
InicioVal MiñorGondomarGondomar fará unha horta ecolóxica e un xardín de plantas aromáticas no...

Gondomar fará unha horta ecolóxica e un xardín de plantas aromáticas no lugar que ía o tanque de tormentas

Dous cursos, un de Agricultura Ecolóxica e hortas comunitarias e outro sobre Cultivo de plantas aromáticas e medicinais, foron convocados polo Concello de Gondomar.

O primero de 60 horas e o segundo de 50 horas, dirixidos os veciños que se encontren empadroados no municipio;  de quedar vacantes as demáis prazas serán cubertas con xente de concellos limítrofes.

Como novidade ambos curso contan con unha parte teórica e outra práctica, realizándose esta última nun terreo que o propio concello habilitará para a ubicación dunha horta comunitaria ecolóxica e un xardín con diversas variedades de plantas aromáticas e medicinais, unha vez rematados os cursos, os veciños poderán visitar e incluso continuar coidando e cultivando o lugar.

comillas“Este espacio curiosamente, será unha zona verde de protección onde a Xunta de Galicia pretendía ubicar o aparatoso tanque de tormentas de recollida de augas fecais do municipio”.

Con esta iniciativa se pretende “concienciar a cidadanía da necesidade de producir os seus propios productos ecolóxicamente e poder dispor de un lugar para o seu cultivo; asimismo gozar de un espazo axardinado onde poder coñecer e disfrutar de variedades de plantas medicinais e aromáticas que cada día están máis esquecidad” en palabras de Ferreira. Este espazo poderá ser visitado  polos distintos colexios do municipio, co  obxetivo de que os máis xóvenes poidan concienciarse neste tipo de producción e coñecer a orixe de moitos medicamentos e plantas medicinaies empregadas polos nosos avos para fins curativos: como a manzanilla, a herba luisa, etc.

A matrícula é gratuita e está aberta dende hoxe ata o día 11 de novembro; para formalizala inscrición  os interesados deberán achegarse o rexistro do concello. Alí deberán cubrir a folla de matrícula, tamén dispoñible para descargar na páxina Web do Concello e presentar o volante de empadroamento. A adxudicación de prazas farase por orde de inscrición, dándose preferencia os empadroados no municipio de Gondomar.

As clases iniciaranse o día 16 e serán presenciais de mércores a venres en horario de maña ou de tarde (4 horas diarias), polo que os interesados poderán compaxinar ambos cursos.

- Publicidade -spot_img