spot_img
InicioVal MiñorGondomarGondomar celebrará o día 1 de abril a sua II Gala do...

Gondomar celebrará o día 1 de abril a sua II Gala do Deporte

gondomar-celebrara-o-dia-1-de-abril-a-sua-ii-gala-do-deporte

O evento promovido polo alcalde Paco Ferreira e a Concellería de Deportes, dirixida por Nuria Lameiro, celebrarase o día 1 de abril.

Con esta cita Gondomar  afiánzase na seu proxecto de fomentar o deporte  e poñelo en valor. O prazo  para a inscrición de deportistas que desexen participar na II Gala do Deporte xa está aberto. Os interesados deberán entregar a documentación requerida ata o 10 de marzo a través de rexistro do Concello no caso de persoas físicas e a través da Sede Electrónica no caso de persoas xurídicas como asociacións e clubes.  Solicítase entre outras cousas formalizar a inscrición e facer entregar do CV do deportista ademáis da autorización de uso de datos asinada. As  candidaturas  poderánse presentar por parte de cualqueira cidadán , clube deportivo, institución ou asociación.

As categorías as que se opta son oito, mellor deportista masculino, mellor deportista feminina, deportista revelación masculino, deportista revelación feminina, mellor clube o entidade deportiva, melloor patrocinio e colaboración co deporte, premio a traxectoria deportiva e mellor evento deportivo. Ademáis da categoría de Mención Especial a que poderán optar tanto institucións relacionadas co deporte e deportistas, como persoas ou entidades con unha  labor salientable na defensa dos valores humanos no deporte. A parte do recoñecemento os mellores deportistas en cada modalidade deportiva.

O xurado será o encargado de seleccionar os gañadores de cada categoría, sendo presidido pola concelleira de Deporte, Nuria Lameiro.  As bases da Gala atopanse dispoñibles na páxina Web do Concello así cómo a folla de inscrición.

- Publicidade -spot_img