spot_img
InicioGaliciaGalicia acada este ano oito bandeiras azuis máis que en 2014 e...

Galicia acada este ano oito bandeiras azuis máis que en 2014 e continúa á cabeza de España, con 131 distincións para as súas praias

Galicia acada este ano oito bandeiras azuis máis que en 2014 e continúa á cabeza de España, con 131 distincións para as súas praias

A Xunta de Galicia recoñece o labor dos concellos galegos para manter a nosa Comunidade como a autonomía española con maior número de bandeiras azuis en 2015. Este ano Galicia acadou un total de 131 distincións a praias, 8 máis que o ano pasado, repartidas por un total de 40 concellos.

Un total de 40 concellos galegos logran este recoñecemento pola calidade e os servizos dos seus areais

Deste xeito, a comunidade galega acapara o 22% das 577 bandeiras azuis totais outorgadas en España pola Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC) e vai seguida no ranking nacional pola Comunidade Valenciana (120 bandeiras).

A comunidade galega acapara o 22% das 577 bandeiras azuis outorgadas a praias españolas pola Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor

Este ano Sanxenxo volve repetir posición como o concello galego con máis bandeiras azuis, con 12 praias distinguidas. En segundo lugar sitúase o concello de Cangas do Morrazo, ao manter as 10 bandeiras do pasado ano.

Este ano a ADEAC concedeu a primeira bandeira azul en augas interiores galegas na praia fluvial da Calzada, no municipio pontevedrés de Ponte Caldelas. Trátase da segunda bandeira azul que se outorga a augas interiores en España, logo da adxudicada a ao encoro de Orellana la Vieja, en Estremadura.

A praia fluvial da Calzada ten uns 250 metros de lonxitude e recibe uns 250 visitantes ao día de media. Trátase dunha zona de baño formada por unha presa de pedra nun bosque de ribeira de ameneiros, castiñeiros e carballos. A calidade destas augas de baño foi cualificada como excelente na temporada 2014. A praia disporá dos mesmos servizos que as praias marítimas con bandeira azul.

Na provincia de Pontevedra, destacan tamén o concello de Vigo, que mantén as 9 acadadas en 2014; o concello do Grove, que consegue manter as seis que xa tiña o pasado ano, e Marín, que este ano suma a praia do Santo ás de Aguete, Mogor e Portocelo.

O concello de Valdoviño recupera as 5 bandeiras azuis que tiña en 2013: Meirás-O Río, Frouxeira, Balea, Pantín e Vilarrube

Na provincia da Coruña é o municipio de Arteixo o que máis recoñecementos deste tipo obtén este ano, con sete. Fisterra, pola súa banda, volve á lista de concellos galardoados ao recuperar a bandeira azul para a praia de Langosteira. Destaca ademais que o concello de Valdoviño recupera as cinco bandeiras azuis que tiña en 2013: Meirás-O Río, Frouxeira, Balea, Pantín e Vilarrube.

Polo que respecta á provincia de Lugo son Barreiros e Foz os concellos máis recoñecidos, con seis galardóns cada un. Neste ano destaca a incorporación á listaxe de concellos con bandeira azul Viveiro e Cervo, coas praias de Area e O Torno, respectivamente.

A comunidade obtén ademais 19 bandeiras azuis a portos deportivos, os mesmos que en 2014, dos que nove son da provincia de Pontevedra, oito da Coruña e 2 de Lugo

Os criterios esixidos para a obtención de bandeiras azuis están relacionados coa calidade das augas, que ten que ser excelente; a seguridade, a completa dotación de servizos, a accesibilidade, a atinada xestión ambiental e a sustentabilidade dos areais e das dársenas.

Portos deportivos, centros e sendeiros azuis
En relación aos portos deportivos, en 2015 Galicia obtén 19 galardóns (os mesmos que en 2014), dos que nove son das provincia de Pontevedra, oito da Coruña e dúas de Lugo.

Galicia conserva os 14 centros azuis que tiña en 2014, dun total de 62 en España

É de destacar tamén que Galicia mantén os 14 centros azuis que xa tiña en 2014, dun total de 62 en toda España. O requisito para converterse en centro azul para un concello con bandeira azul ás súas praias ou portos, é a existencia dun centro de visitantes, aula do mar ou de natureza que ofreza educación ambiental sobre os ecosistemas litorais e o desenvolvemento sostible, así como información específica e/ou actividades relacionadas co programa Bandeira Azul. O municipio que queira optar a esta distinción debe presentar un dossier xustificativo da súa proposta, así como, ao ano seguinte, a memoria anual da actividade, xunto coa súa candidatura, que xustifique o mantemento da súa condición como centro azul en anos sucesivos. Por estes motivos, a Xunta de Galicia felicita aos concellos de Bueu, Sanxenxo, Illa de Arousa, Vilagarcía de Arousa, Vigo, Redondela, Muros, Oleiros, Ortigueira, Boiro, Ribeira e Burela, por sen quen de manter estes recoñecementos.

Por outra banda, este ano haberá 16 sendeiros azuis en Galicia, un máis que o ano pasado grazas á inclusión este ano do sendeiro litoral de Portonovo, en Sanxenxo. Estes galardóns outórganse a aqueles municipios que manteñen ou reforzan antigas sendas e camiños naturais no litoral para a realización de actividades recreativas, deportivas, turísticas e de educación ambiental.

Finalmente, Galicia tamén recibiu este ano dúas distincións temáticas: ao concello de Ribadeo en materia de Información e Educación Ambiental, e ao Club Náutico Ría de Ares, polo seu esforzo en Ruptura de Barreiras arquitectónicas e atención a persoas con necesidades especiais.

A continuación detállase por provincias, concellos e areais:

PROVINCIA DA CORUÑA
 
CONCELLO

PRAIA

Observación

Boiro
Barraña
 
 
 
Carragueiros
Piñeirón
A Retorta
Saltiño-Barraña
A Ladeira do Chazo
A Pobra do
Caramiñal
Lombiña-Cabío
 
A Illa da Laxe
Ribeira
Coroso
 
 
 
O Vilar
Río Azor
Porto do Son
Caveiro
 
Laxe
Praia de Laxe
 
Fisterra
Langosteira
Nova bandeira 2015
A Laracha
Caión
 
A Coruña
Riazor
 
Orzán-Matadero
San Amaro
As Lapas
Arteixo
Barrañán
 
 
 
 
Combouzas
Valcovo
A Hucha
Alba-Sabón
A Salsa (Retibelo)
O Reiro
Oleiros
Bastiagueiro
 
Mera
Santa Cristina
Espiñeiro
Miño
A Ribeira
 
Grande
Perbes
Ferrol
San Xurxo
 
 
Esmelle
A Fragata-Pareixal (Covas)
Doniños
Valdoviño
Meirás-O Río
Novas bandeiras
Frouxeira
Baleo
Pantín
Villarube
Ortigueira
A Concha
 
Morouzos
Dumbría
Ézaro
 
Carballo
Saíñas
 
Pedra do Sal
Muros
San Francisco
 
Mañón
Bares
 
Esteiro
 
 
PROVINCIA DE LUGO
 

CONCELLO

PRAIA

Observación

Burela
O Portelo
 
 
Ril
A Marosa
O Vicedo
Abrela
 
Xilloi
Nova bandeira 2015
Viveiro
Area
Nova bandeira 2015
Cervo
O Torno
Nova bandeira 2015
Xove
Esteiro
 
Foz
Areoura
 
Peizás
 
Os Xuncos
Nova bandeira 2015
Llas
 
A Rapadoira
 
As Polas
Nova bandeira 2015
Barreiros
As Pasadas
 
 
 
 
 
 
Lóngara
Acantilado- Remior
Fontela-Valea
Altar
Coto
Ribadeo
Os Castros-Illas
 
As Catedrais
 
 
PROVINCIA DE PONTEVEDRA
 
CONCELLO

PRAIA

Observación

A Guarda
O Muíño
 
Area Grande
Baiona
Os Frades
 
A Barbeira
Redondela
Cesantes (dereita)
 
Nigrán
Praia América
 
Patos
Vigo
O Vao
 
Argazada
Rodas (Illas Cíes)
Figueiras (Illas Cíes)
A Punta
Tombo do Gato
Fortiñón
Canido
Fontaíña
Cangas do Morrazo
Areabrava
 
Nerga
Menduiña
Melide
Areamilla
Liméns
Rodeira
Arneles
Francón
Areacova
Bueu
Area de Bon
 
Portomaior
Lagos
Lapamán
Marín
Aguete
 
Mogor
Portocelo
O Santo
Nova bandeira 2015
Poio
Xiorto
 
Cabeceira
Sanxenxo
Areas
 
O Espiñeiro- A Lanzada
Canelas
Montalvo
Silgar
Bascuas
Major
Foxos
Areas Gordas
A Lapa
Baltar
Pragueira
O Grove
A Lanzada
 
Rareiros (Paxareiro)
Area da Cruz
Area Grande
Area das Pipas
Area de Reboredo
Illa de Arousa
Area do Secada
 
Camaxe

Vilagarcía de Arousa

Campanario
 
Preguntoiro

Ponte Caldelas

Praia fluvial A Calzada
Nova bandeira 2015
- Publicidade -spot_img