A Galería Sargadelos de Baiona aposta un ano máis pola arte

A Galería Sargadelos de Baiona aposta un ano máis pola arteDurante todo o mes de agosto pódese visitar na Galería Sargadelos de Baiona a exposición de escultura e pintura dos artistas Tino Canicoba e Irene Silva.

Comisariada por Marisa Codón, a mostra presenta unha escolma da produción máis recente de ambos artistas.

A Galería Sargadelos de Baiona aposta un ano máis pola artePor parte de Canicoba, o desbaste da madeira con motoserra, o xogo de cores e a materia prima, preséntasenos unha variedade de tipos humanos nos que o sentimento abrolla a través da expresión. En palabras de Méndez Ferrín, “debemos estar atentos a como el reforma a materia para proseguir, con maos intelixentes e xenerosas, o traballo de destrucción e edificación do universo.”

Por outra banda, a pintura de Irene Silva centra a atención na figura da muller. Cores planas, liñas que marcan a expresión e o movemento cun sinxelo trazo, permiten ao espectador compoñer a súa propia imaxe. Unha constante no seu traballo é a procura da esencia do fondo máis que a presenza da forma.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies