spot_img
InicioBaixo MiñoFrancesco Tonucci, autor do libro "La ciudad de los niños", inaugura mañá...

Francesco Tonucci, autor do libro “La ciudad de los niños”, inaugura mañá o novo salón de actos do Concello de Tomiño

Francesco Tonucci, psicopedagogo e debuxante italiano , autor do libro “La ciudad de los niños”, estará mañá en Tomiño para inaugurar oficialmente as obras de reforma levadas a cabo no Salón de Plenos.

Este libro recolle os principais valores do patrimonio natural, arqueolóxico, relixioso, arquitectónico e etnográfico, cun mapa onde se inclúen 34  lugares que visitar

A visita enmárcase dentro dun programa elaborado pola Deputación de Pontevedra, con Tonucci como referencia. Concretamente, o departamento de Mobilidade da Deputación desenvolverá ducias de actividades entre os meses de abril e xuño de 2017, en toda a provincia, coa intención de difundir o traballo do pedagogo, entre profesionais da educación, técnicos de urbanismo, nenos, familias…

Programa acto Tomiño:

Día 26 de abril de 2017:

 12:55 h.

Entrada das/os nenas/os no salón de plenos.

13:00 h.

Recepción de Tonucci na entrada principal.

13:05 h.

Introdución da recepción por parte das autoridades locais.

13:10 h.

Lectura do discurso de benvida, elaborado previamente, polos escolares. Convite para que Tonucci corte a cinta inaugural do salón de plenos.

13:30 h.

Saída á Praza do Seixo, onde se realizará unha interpretación do Himno Galego, para pechar o acto.

PROGRAMA DE VISITAS DE FRANCESCO TONUCCI NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA

Coa intención de promover o goberno das cidades tomando as crianzas como parámetro e garantía das necesidades de todos os seus habitantes, a Deputación de Pontevedra vén de impulsar a creación dunha rede de cidades dos nenos e nenas na provincia de Pontevedra seguindo a filosofía do proxecto de ‘Cidade das Nenas e dos Nenos’ de Francesco Tonucci

Con Tonucci como referencia, o departamento de Mobilidade da Deputación desenvolverá ducias de actividades entre os meses de abril e xuño de 2017 en toda a provincia coa intención de difundir o traballo do pedagogo italiano entre profesionais da educación, técnicos de urbanismo, nenos, familias…

Nestas actividades (suxeitas á confirmación por parte da Administración) terán preferencia os colexios e institutos de municipios adheridos á rede de ‘Cidades dos nenos e das nenas’ na provincia, como é o caso do teu concello, mais tamén se terá en conta a orde de solicitude.

DO 24 AO 28 DE ABRIL.

Visita do pedagogo Francesco Tonucci, quen realizará varias conferencias ao longo da provincia. O relatorio principal desenvolverase a tarde do 28 de abril no Pazo da Cultura de Pontevedra –de asistencia libre-.

DO 28 DE ABRIL AO 31 DE MAIO

Apertura da exposición ‘Imaxinar a educación. 50 anos con Frato’. O investigador italiano realizará unha retrospectiva das súas viñetas e debuxos (asinadas como Frato) e exporá o seu pensamento educativo.

A exposición do Pazo da Cultura será unha invitación a pensar, discutir prácticas desacertadas… unha oportunidade para mostrar a intelixencia e a creatividade da infancia, a súa capacidade para aprender e construír.

Desenvolveranse obradoiros destinados tanto a alumnos de Educación Primaria, como de Educación Infantil e ESO (xúntase dossier).

As unidades didácticas propostas, con monitores propios da exposición, estarán centradas na bicicleta (como elemento con múltiples beneficios para a saúde, o medio, e o desenvolvemento de valores sociais), nas construcións e nos xoguetes (para promover a aprendizaxe a través do xogo), e na natureza (como achegamento ao ambiente a través da creación).

– De forma paralela á exposición, a Deputación tamén está a organizar varios espectáculos de animación de rúa destinados principalmente ao alumnado de Educación Primaria. A idea é que os cativos e cativas desenvolvan de xeito interactivo ideas sobre como deseñar e transformar os espazos públicos en áreas para xogar, pasear, relacionarse e, en definitiva, vivir nas súas propias cidades.

A Deputación facilitará de xeito totalmente gratuíto visitas concertadas cos centros escolares á exposición –dende o 2 de maio-, a realización de actividades paralelas –nas datas sinaladas no formulario-, así como o transporte entre o municipio de orixe e o Pazo da Cultura (repartiranse os 80 autobuses contratados de forma compensada entre os centros e concellos solicitantes).

Para máis información pódense dirixir ao teléfono 981 08 41 nas extensións 43392 e 42397 ou no correo enderezo electrónico.

 

- Publicidade -spot_img