spot_img
InicioBaixo MiñoFrancesco Tonucci anima a nenos e nenas de Tomiño a opinar sobre...

Francesco Tonucci anima a nenos e nenas de Tomiño a opinar sobre a cidade que queren

francesco-tonucci-anima-a-nenos-e-nenas-de-tomino-a-opinar-sobre-a-cidade-que-queren

Francesco Tonucci, recoñecido psicopedagogo italiano, autor do libro “La ciudad de los niños”, visitou hoxe Tomiño para inaugurar oficialmente as obras de reforma levadas a cabo no Salón de Plenos. Rodeado por máis dun centenar de alumnos e alumnas de Primaria e Secundaria dos centros tomiñeses, o pedagogo estivo en todo momento  acompañado pola presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, a alcaldesa de Tomiño, Sandra González e o deputado de Mobilidade, Uxío Benítez e Montserrat Magallanes, deputada de Emprego, entre outras autoridades.

O acto comezou sobre a unha da tarde (13.00h), coa chegada do alumnado ao salón de plenos, que a partir de agora, servirá tamén coma sala de usos múltiples, na que se celebrarán diferentes actos de carácter cultural, social, etc.

francesco-tonucci-anima-a-nenos-e-nenas-de-tomino-a-opinar-sobre-a-cidade-que-queren

Tras a recepción das autoridades a Francesco Tonucci, na entrada principal do Concello, a comitiva dirixiuse ao novo salón de plenos, onde lles agardaban os estudantes.

No acto interviron, Sandra González, pediu a axuda de nenos e nenas para construír un lugar mellor para vivir e xogar, pois “o mundo e as persoas as moven as emocións”, subliñou Gonzalez. mentres que Carmela Silva, afirmou sentirse orgullosa de ser convidada á inauguración dun salón de plenos; “lugar onde vive e se fai forte a democracia”.

Tras as intervencións da presidenta da Deputación e da alcaldesa, aqueles deron lectura ao discurso de benvida, elaborado previamente por eles. Os pequenos agradeceron a presenza do autor de “Frato” en Tomiño e felicitárono pola súa labor a prol dos nenos e nenas para facer das cidades, lugares máis tranquilos e sen perigos, onde poder xogar, ao que respondeu o propio Tonucci, que recordando el artículo da Convención dos Dereitos da Infancia (ONU 1989), pediulles que se atrevan sempre a dicir o que pensan, e citou como base deste dereito. Finalmente foi convidado a descubrir unha placa conmemorativa.

francesco-tonucci-anima-a-nenos-e-nenas-de-tomino-a-opinar-sobre-a-cidade-que-queren

Pechou a homenaxe a Agrupación de música e danza “Virxe do Alivio”, coa interpretación do Himno Galego. Por último, o convidado de honra, foi convidado a visitar o Concello e asinou exemplares de “A cidade dos nenos”, na Alcaldía.

francesco-tonucci-anima-a-nenos-e-nenas-de-tomino-a-opinar-sobre-a-cidade-que-queren

A visita enmarcouse dentro dun programa de actividades elaborado pola Deputación de Pontevedra, con Tonucci coma referencia.

- Publicidade -spot_img