O Festival Play-Doc, consegue o premio do Público Culturgal 2017

o-festival-play-doc-colabora-coa-prestixiosa-sala-metrograph-de-manhattan-na-sua-xiii-edicionDesde o 13 ata o 27 de novembro máis de 1.200 persoas participaron nas votacións do Premio do Público Culturgal 2017  que finalmente foi para o Festival Documental de Tui, Play-Doc .

Foron tres as candidaturas escollidas polas asociacións gremiais que forman parte de Culturgal e finalmente foi o público da Feira nas redes, quen decidiu  que con 678 votos impuxésese ás outras dúas candidaturas, o FIOT de Carballo e o Portal das Palabras.

Para decidir as candidaturas valoráronse aquelas propostas novidosas, con proxección de futuro, transversais e asociativas, que se relacionan directamente coa sociedade civil e fomenten a súa implicación.

No caso do Play-Doc, destacouse que é un festival de documentais feito desde unha vila pequena, Tui, que non só transforma a vida cultural da súa contorna senón que se converte nunha referencia internacional no seu ámbito. Unha cita anual na primavera que medra en cada edición, con cerca de oito mil persoas ao redor do xénero documental e o cinema independente. A asociación Best Film Series de Nova York escolleuno como “unha das dez citas cinematográficas máis excitantes do mundo”.

Nas anteriores edicións de Cuturgal, os gañadores dos premios do Público da Feira foron: o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra (2013). Diario Cultural da Radio Galega (2014), o Festival de Cine Curtocircuíto (2015) e o Festival Agrogay da Ulloa (2016).

O premio será entregado nun acto festivo no Culturgal o domingo 3 de decembro ás 17.45 horas no Pazo da Cultura de Pontevedra.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies