spot_img
InicioVal MiñorBaionaEste ano o Monte Real Club de Yates celebra o seu 50...

Este ano o Monte Real Club de Yates celebra o seu 50 aniversario

Yates-Esteano-Monte-Real-ClubIatescelebra50-aniversarioUn club merecedor de numerosas distincións, este ano cumpre medio século de vida e celébrao cun calendario de regatas ao máximo nivel

O calendario de regatas do Monte Real Club de Iates ábrese o próximo mes de xaneiro coa celebración das dúas primeiras probas do TROFEO DE INVIERNO VITALDENT J80, unha competición destinada a estes monotipos que incluirá competicións os sábados 17 e 31. O trofeo continuará en febreiro, os días 14 e 28, e finalizará con tres regatas máis os días 14, 28 e 29 de marzo.
No mes de abril, o protagonismo é en exclusiva para a REGATA DE INVERNO, que este ano cumpre a súa décima edición. Disputarase os sábados 18 e 25, e incluirá percorridos técnicos e de litoral.

Maio empezará coa trixésimo oitava edición da REGATA DEPRIMAVERA. TROFEO REPSOL, os días 1, 2 e 3. É unha proba na que as tripulacións poñen a punto os seus barcos para encarar a zona forte da tempada de regatas.

ininterrumpida desde 1986. Treinta años después de aquella primera edición, en la que participó el por aquel entonces heredero al trono, Don Felipe de Borbón, el trofeo volverá a celebrarse en aguas de la bahía de Baiona los días 4, 5 y 6 de septiembre.

Un ano máis, o Monte Real Club de Iates volve apostar firmemente polo deporte de base, impulsando regatas de vela infantil e xuvenil. Os días 9 e 10 de maio organiza a REGATA DE VELA INFANTIL. TROFEO BAITRA, e os días 23 e 24 resérvanse para o TROFEO BAITRA 420.

En xuño chega a tradicional CAMPIONATO GALEGO DE SOLITARIOSY A DOUS DON PEDRO DE SOUTOMAIOR. Será os días 13 e 14. Trátase dunha regata de media distancia na que o principalhándicap é ter que manexar as embarcacións en solitario ou con outro tripulante.

Un fin de semana despois, os días 19, 20 e 21, disputarase a REGATA 2.4 mR. TROFEO VITALDENT DE VELA ADAPTADA; e para rematar o mes, o club ten previstas as probas finais da LIGA SOCIAL, unha competición que disputan, durante todo o ano, todos os rapaces e rapazas da Escola de Vela do MRCYB.

En xullo chega unha das regatas máis carismáticas do club, o TROFEO CONDE DE GONDOMAR, que este ano está de aniversario. Cúmprense 40 anos da primeira edición, disputada en 1976. Incluirá, como vén sendo habitual, unha das probas máis atractivas para a vela de cruceiro en España, o percorrido Baiona-Finisterre-Baiona, de máis de 100 millas de distancia, virando o mítico faro de Carrumeiro Chico. O trofeo está previsto para os días 23, 24, 25 e 26 de xullo.

Outra das probas que está de aniversario en 2015 é o TROFEO PRÍNCIPE DE ASTURIAS, que se celebra de forma ininterrompida dende 1986. Trinta anos despois daquela primeira edición, na que participou o por aquel entón herdeiro ao trono, Don Felipe de Borbón, o trofeo volverá celebrarse en augas da baía de Baiona os días 4, 5 e 6 de setembro.

Xunto ás tradicionais probas deportivas nas que todos teñen cabida (veleiros de regata, cruceiros, monotipos, clásicos…) haberá almorzos, encontros, degustacións, lumes artificiais, festas…

No marco do Trofeo Príncipe de Asturias, o Monte Real Club de Iates entregará os PREMIOS NACIONAIS DE VELA TERRAS GAUDA. Son uns galardóns creados hai 23 anos co obxectivo de recoñecer o traballo de distintas persoas e institucións a favor do mundo da vela, así como os seus valores humanos e deportivos.

En outubro e novembro volven as probas organizadas, en exclusiva, para os J80, co TROFEO DE OTOÑO J80. Disputarase os sábados 17 e 31 de outubro, e o 14 e 28 de novembro.

Para máis información sobre as distintas competicións previstas ao longo deste 2015, os regatistas poden poñerse en contacto co club a través do correo electrónico, escribindo un email a secretaria@mrcyb.com ou chamando por teléfono o 986 385 000. Os medios de comunicación que precisen información extra poden contactar con prensa@mrcyb.com

REGATAS 2015

. TROFEO DE INVERNO VITALDENT J80 >17 e 31 de xaneiro, 14 e 28 de febreiro, 14, 28 e 29 de marzo
. REGATA DE INVERNO >18 e 25 de abril
. REGATA DE PRIMAVERA. TROFEO REPSOL >1, 2 e 3 de maio
. REGATA DE VELA INFANTIL. TROFEO BAITRA >9 e 10 de maio
. TROFEO BAITRA 420 >23 e 24 de maio
. CAMPIONATO GALEGO DE SOLITARIOS Y A DOUS DON PEDRO DESOUTOMAIOR >13 e 14 de xuño
. REGATA 2.4 mR. TROFEO VITALDENT DE VELA ADAPTADA >19, 20Y 21 de xuño
. FINAL DA LIGA SOCIAL MRCYB >27 e 28 de xuño
. TROFEO CONDE DE GONDOMAR >23, 24, 25 e 26 de xullo
. TROFEO PRÍNCIPE DE ASTURIAS >4, 5 e 6 de setembro
. PREMIOS NACIONAIS DE VELA TERRAS GAUDA >5 de setembro
. TROFEO DE OUTONO J80 >17 e 31 de outubro, 14 e 28 de novembro

> > Pódese descargar o calendario de regatas en formato PDFdende aquí:

http://www.mrcyb.es/files/races/calendario-regatas-mrcyb-img54a270fe83733.pdf

- Publicidade -spot_img