spot_img
InicioGalicia“Escolas Conectadas”, que dotará a 820 centros educativos públicos de Galicia de...

“Escolas Conectadas”, que dotará a 820 centros educativos públicos de Galicia de conexións de ata 500 mbps Escoitar

escolas-conectadas-que-dotara-a-820-centros-educativos-publicos-de-galicia-de-conexions-de-ata-500-mbps-escoitar
Galicia pon en marcha a iniciativa “Escolas Conectadas”, que dotará a 820 centros educativos públicos de conexións de ata 500 mbps. Esta medida, sumada ás que xa ten en marcha a Administración autonómica, permitirá que, ao remate de 2018, o 100% dos máis de 1.200 centros de primaria e secundaria galegos dispoñan de conexións ultrarrápidas.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, recibiu hoxe ao conselleiro delegado de Orange España, Laurent Paillassot, quen lle explicou as principais iniciativas do operador en Galicia, entre as que destacou o despregamento de redes ultrarrápidas en 820 centros educativos públicos da Comunidade.Orange resultou adxudicatario en Galicia da iniciativa Escolas Conectadas, que se desenvolve na Comunidade grazas á colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, o Ministerio de Educación, Cultura Deporte e Red.es, que é o órgano de contratación.

Ata 500 Mbps de velocidade

Segundo explicou o seu conselleiro delegado, Orange garante conexións de 500Mbps de baixada e 500Mbps de subida en 518 centros educativos e 150Mbps de baixada e 50 de subida noutros 321 centros. Ademais, a Xunta proporcionará a todos os centros contarán wifi de alta capacidade. O investimento da actuación xunto co custe do mantemento das liñas supoñen un orzamento de 17,7 millóns de euros.

Esta actuación, sumada ás que xa ten en marcha a Administración autonómica, posibilitará que o 100% dos centros públicos de primaria e secundaria da Comunidade, máis de 1.200, dispoñan de redes ultrarrápidas a finais de 2018.

O incremento de velocidade permitirá os centros ter un acceso máis efectivo á Rede, sen esperas ou contratempos, permitindo a conexión simultánea dun maior número de equipos e o funcionamento de máis aplicacións informáticas cun tempo de resposta adecuado.

O 40% dos centros educativos contan xa con redes ultrarrápidas
A día de hoxe máis o 40% dos centros educativos contan con conexións de 100 ou 200 Mbps Desde 2009 as actuacións impulsadas pola Xunta permitiron multiplicar por catro a velocidade media de conexión dos centros educativos dependentes da Administración autonómica.

Investimentos de Orange na Comunidade

Por outra banda, Laurent Paillassot avanzou ao presidente galego os obxectivos da súa compañía en Galicia, que prevé investir máis de 45 millóns de euros en despregamentos de rede móbil, principalmente con tecnoloxía 4G, no período 2016-2018.

Orange emprendeu tamén o despregamento de fibra óptica en Galicia, co obxectivo de facer chegar esta tecnoloxía de última xeración aos principais municipios galegos. Os servizos de fibra óptica de Orange están xa dispoñibles nas localidades da Coruña, Pontevedra, Ourense, Ferrol, Santiago de Compostela e Lugo, e ao longo de 2017 sumaranse 40 municipios máis. En total, para o período 2016-2018, o investimento previsto é de 89 millóns de euros para levar todos os beneficios desta tecnoloxía a preto de 550.000 fogares e empresas galegos.

- Publicidade -spot_img