spot_img
InicioO SalnésA Escola de Igualdade “María Vinyals” leva a Cambados a xornada “A...

A Escola de Igualdade “María Vinyals” leva a Cambados a xornada “A experiencia das mulleres no mundo do viño”

Máis dun centenar de mulleres do sector vitivinícola da provincia participaron este sábado na xornada “A experiencia das mulleres no mundo do viño”, que a  Escola de Igualdade “María Vinyals”, da Deputación de Pontevedra, organizou en Cambados con motivo da elección desta vila como Cidade Europea do Viño en 2017.

A xornada, a primeira que se celebrou fora de sede da Escola no Castelo de Soutomaior,contou coa asistencia da presidenta da Deputación, Carmela Silva, a alcaldesa de Cambados, Fátima Abal, e a deputada provincial. Digna Rivas, e  reuniu a profesionais do sector do viño, enólogas, adegueiras e produtoras.

Na súa intervención, Carmela Silva, puxo en valor o importante papel que na historia xogou a muller no sector primario. “Diso tratamos nesta xornada, dixo a Presidenta, para que toda a sociedade visibilice o moito que as mulleres aportaron. Se Galicia é hoxe unha potencia en sectores produtivos agrogandeiros, iso ten moito que ver co traballo daquelas mulleres tan emprendedoras e tan comprometidas que fixeron que a nosa terra tivera futuro aínda que ninguén coñecese os seus nomes e os seus rostros. Por iso estamos aquí, para visibilizalas e empoderalas”

escola-igualdade-maria-vinyals-leva-cambados-xornada-experiencia-das-mulleres-no-mundo-do-vinoA presidenta da Deputación destacou que “se o viño ten un gran futuro é grazas a mulleres as que temos que poñer nomes e rostros, porque cando lideramos ninguén nos para”

Silva incidiu no enorme salto cualitativo que as mulleres deron no sector vitivinícola. “Ata non fai moito tempo as mulleres traballaban, non eran enólogas, adegueiras o comercializadoras. Agora ocupan cargos, teñen unha gran presenza, son referencia, es as distinguen con importantes premios. Iso que sabe hoxe todo o sector debe ser coñecido por toda a poboación”. A presidenta provincial lembrou que coas aportacións e o traballo das mulleres xenérase crecemento, emprego e ponse en valor moito talento. “Cando as mulleres lideramos ninguén nos para, e no mundo rural iso xa é unha realidade. Sodes o mellor que temos na provincia”, rematou Carmela Silva, que tamén agradeceu a presenza de moitos homes na xornada. “Temos que traballar xuntos para que xuntos tiñamos a mesma posición e oportunidades para construír un mundo mellor. Sen todos e todas sería imposible facelo”

O evento, que se celebrou no auditorio de Cambados, contou con tres mesas redondas e con mulleres do mundo vitivinícola de todo o Estado. O foro comezou a cargo de María Bautista, xefa de estudos do Instituto Galego do Viño (INGAVI) e Rosa Arcos, presidenta da Federación de Asociacións de Mulleres Rurais (FADEMUR), nun debate que foi moderado pola deputada provincial Digna Rivas.

Despois, diferentes produtoras das distintas Denominacións de Orixe de Galicia achegaron as súas experiencias persoais neste sector, nunha segunda Mesa, baixo o título “Mensaxes inspiradoras”,  que estivo moderada por Rosa Arcos. Nela púxose de manifesto que hai relevo no sector de moitas mulleres novas que colleron a experiencia de xeracións anteriores.

Pola tarde, despois dunha visita guiada ás Adegas Martín Codax, celebrouse a última mesa redonda “A revolución silenciosa”, onde participaron tres referentes do mundo viticultor: a doutora en bioloxía e investigadora da Misión Biolóxica de Galicia dependente do CSIC, María del Carmen Martínez; e as enólogas María Isabel Mijares y García-Pelayo e Katia Álvarez. O debate estivo dirixido por, María M. Álvarez Lires, profesora da área de Didáctica das Ciencias Experimentais na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Vigo, premio de compromiso coa igualdade de xénero Uviguala 2017.

A Escola Provincial Pública de Formación en Igualdade María Vinyals, a primeira da provincia, volverá a ser protagonista o próximo xoves, 15 de xuño, cunha xornada no Castelo de Soutomaior centrada na violencia de xénero, na que participarán mulleres e homes referentes en todo o estado do tratamento, prevención e investigación desta lacra.

 

 

- Publicidade -spot_img