spot_img
InicioVal MiñorGondomarEn Gondomar os maiores de 60 anos do municipio pasarán as festas...

En Gondomar os maiores de 60 anos do municipio pasarán as festas do Nadal acompañados

Concello-Nigrán-informa-Fegamp-idoneidade-Residencia-Tempo-Libre-Patos-acoller-refuxiados-sirios

O Concello de Gondomar abre dende hoxe ata o día 21 de novembro o periodo para solicitar praza no Programa Xuntos polo Nadal. Con esta iniciativa preténdese que os maiores de 60 anos do municipio pasen as festas do Nadal en compañía.

Entre o 23 de decembro e o 2 de xaneiro do 2017 todos aqueles que formalicen a súa inscripción no programa aloxaranse en réxime de pensión completa na Residencia de Tempo Libre de Panxón. Ademáis do aloxamentos en habitacións compartidas na estancia inclúese animación sociocultural para os once días. Esta actividade está dirixida os maiores que pasen o Nadal sós, sean quen de varlerse por si mesmos e non padezan enfermidades que lles impidan a contacto con outras persoas.

Esta actividade é de balde para todos aqueles cuxos ingresos sexan inferiores o IMPREM (532,51€), de superalos o prezo será de 50€. Os empadroados no Concello de Gondomar os que vai orientada esta actividade deberán facer a súa solicitud no Departamento de Benestar Social do Concello, sito na Casa da Cultura. Para máis información ou cita previa teñen a súa disposición o teléfono 986 36 01 68.

- Publicidade -spot_img