spot_img
InicioBaixo MiñoDúas medallas para o Club Remo do Miño-Seta no Open de España

Dúas medallas para o Club Remo do Miño-Seta no Open de España

Unha medalla de Ouro, unha de Bronce, un sexto posto na Final A;  un Segundo e un terceiro posto na final “ B” e dous cuartos postos na final “ C”, balance final para o Club Remo do Miño -Seta no Open de España celebrado este fin de semana en Bañolas (Xirona).
Este fin de semana, o club Remo do Miño desprazouse a Cataluña, concretamente á pista Olímpica de Bañolas (Xirona) para disputar a Open de España, regata onde aos mellores remeiros do país, tócalles demostrar o seu estado de forma para poder acceder ao equipo Nacional e así poder participar nas próximas regatas internacionais integrados na selección Nacional.
As medallas viñeron da man de Rodrigo Conde Romero, que soubo bater ao actual campión de España fe fondo na categoría peso lixeiro masculino Patricio Rojas, o cal esta vez tívose que conformar coa Prata. O bronce foi para o compañeiro de Rodri de hai dous anos no equipo nacional, co cal conseguira a medalla de Ouro no Campionato do Mundo en 2x PL Sub-23.
A medalla de Bronce na categoría absoluta, viría do noso remeiro David Prada Fernández, que despois de gañar todas as súas clasificatorias, conseguiría a medalla de Bronce nunha disputadísima final. O Sexto posto na final “A” viño da novísima Carlota González Gil, que aos poucos foi superando o corte ata conseguir estar entre as mellores, conseguindo un Sexto posto.
Sergio Pérez e Francisco Javier Álvarez conseguirían un segundo posto na final “ B” o cal lles soubo a pouco, xa que a aspiración deles era meterse na final “A” pero este é un moi bo resultado. Esmeralda Santos, que fai soamente uns poucos meses foi mamá, conseguiu a terceira posición na final “ B”. Moi meritorio este posto conseguido pola nosa remeira, que de aquí ao campionato de España vai dar moitas sorpresas. Óscar Alonso conseguiu a terceira posición na final “ C”, e  @s  moz@s Bruno Misa e Paula Prada, conseguirían o cuarto posto na final “ C” das súas respectivas regatas. Todos estes remeiros animados desde terra polo noso remeiro Jesús González, que, ao non poder participar pola lesión comentada onte, fixo as funcións de sicólogo cos seus compañeiros animándoos en todo momento.
- Publicidade -spot_img