spot_img
InicioBaixo MiñoDous judokas tomiñeses conseguen dúas novas medallas para o judo tomiñés na...

Dous judokas tomiñeses conseguen dúas novas medallas para o judo tomiñés na Copa de España Cadete

dous-judokas-tomineses-conseguen-duas-novas-medallas-para-o-judo-tomines-na-copa-de-espana-cadeteOs judokas tomiñeses conseguen unha vez máis medallas a nivel nacional. Nesta ocasión os mozos Yohanna DA CUÑA e Adrián ROMERO, do club de judo Baixo Miño da Guarda, alzáronse coa medalla de bronce na COPA DE ESPAÑA CADETE que se celebrou este domingo (8 de xaneiro) en Burgos.

DA CUÑA competiu na categoría de -48 kg, gañando todos os seus combates até meterse en semifinais, proba que perdeu pola mínima penalización, ante a número un do ranking nacional, pero gañando despois o seu combate pola medalla de bronce.

ROMERO competiu na categoría de -60kg. Este mozo judoka leva varias copas de España quedándose ás portas das medallas, pero esta vez gañou todos os seus combates até meterse en semifinais, que perdeu do mesmo xeito que a súa compañeira, pola mínima puntuación ante o segundo clasificado do ranking nacional, pero superando un duro combate de medalla de bronce.

Agora ambos os deportistas continúan os seus adestramentos para a súa próxima cita, o 21 de xaneiro, noutra Copa de España en Hondarribia.

 

 

- Publicidade -spot_img