spot_img
InicioPontevedra e Área"Donde los periódicos son faros" 164 años da historia de Faro de...

“Donde los periódicos son faros” 164 años da historia de Faro de Vigo

Ceferino de Blas, xornalista, historiador e ex director de Faro de Vigo, presentou este xoves na Casa del Libro “Donde los periódicos son Faros”, obra na que fai un percorrido por parte da historia de Galicia.

No acto, que contou con gran presenza de público, interviron ademáis do autor a presidenta da Deputación, Carmela Silva, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, o presidente do Instituto de Estudos Vigueses, Xoán Carlos Abad e o director de FARO, Juan Carlos da Silva.

Portada do libro

Na súa intervención, o actual Cronista Oficial de Vigo, ademais de agradecer a presenza dos asistentes,  tamén quixo render homenaxe aos seus predecesores na dirección e aos compañeiros da redacción do decano.  Ceferino de Blas, explicou como esta é unha historia que naceu en Vigo o 3 de novembro, de 1853, a data de nacemento de Faro de Vigo. “Ningún dos seu tres fundadores, José Carvajal e Pereira, José María Posada e Pereira e Ángel de Lema podía imaxinarse entón que FARO ía ser decano da prensa española”, aseverou Blas, quen aproveito a presentación da súa obra,  para reivindicar a gran importancia do “tesouro hemerográfico” do periódico, que “tería que ser recoñecido como patrimonio nacional ou, polo menos, como patrimonio galego”.

XORNAL DE REFERENCIA DOS VIGUESES:
Desde a primeira época, Faro convértese no xornal de referencia e influencia da cidade. Os competidores non o lograron.porque acabaron pechando.

O COMPROMISO CON SEU TERRITORIO:
O compromiso do xornal con Galicia na defensa dos intereses do seu territorio están no editorial fundacional. É o fundamento da súa identidade, no que marca a liña de continuidade ao longo do tempo, e o que máis o vincula aos lectores.

O XORNAL DUN POBO:
Faro (“O Faro”), no sur de Galicia é sinónimo de xornal. Fíxose tan presente que non se concibe que haxa outra publicación que non se chama “O Faro”

 

 

- Publicidade -spot_img