Un documental e unha exposición fotográfica para render tributo a algunhas das mellores deportistas de Nigrán

documental-e-unha-exposicion-fotografica-render-tributo-algunhas-das-mellores-deportistas-nigranO Concello de Nigrán inaugura este sábado ás 20:00 horas no Auditorio Municipal o proxecto audiovisual e fotográfico ‘Nigrán, muller e deporte’, un traballo encargado dende o consistorio á fotógrafa nigranesa Ani Pérez para visibilizar e render tributo a algunhas das mellores deportistas do municipio.

Na inauguración, aberta a toda a veciñanza para conmemorar así o Día Internacional da Muller, ademais de proxectarse o documental e comentar as fotografías expostas haberá unha mesa redonda composta por Paula Montes, xornalista deportiva en Cadena Ser; Antonio Estévez, xornalista deportivo en Cope; Yolanda Cobo, directora do CIM de Nigrán; a propia autora Ani Pérez; e dúas das mulleres deportistas que protagonizan o documental, Cristina Fernández e Loly García.

‘Nigrán, muller e deporte’ retrata mediante imaxes actuais e entrevistas persoais a historia dunha vintena de destacadas deportistas nigranesas en activo ou xa retiradas nun eido onde a desigualdade por razón de xénero aínda é abafador. Son mulleres como Cristina Fernández, primeira árbitro internacional de balonmán; Jenny Fernández, campioa de España de 3.000 m obstáculos; Loly García, subcampioa do mundo de Cross en 1995; o equipo de veteranas +40 do Club de Tenis Nigrán, subcampionas galegas; Pachi Pérez, Campioa galega de tiro con arco tradicional 3 D; Mari Costas, atleta gañadora do circuito Run Run (F3); Nerea Mariñote Garro, xogadora xuvenil de petanca;  Laura González Puga, subcampioa de España de bolos; Natalia López, técnica deportiva ecuestre; Antía Salgueiro e Laura Rodríguez, futbolistas do Racing Club Vilariño; Nuria Gómez, directora deportiva do Club Baloncesto Nigrán…

A día de hoxe, o número de homes que están vinculados ao deporte dobra ao de mulleres, as federacións deportivas danlle prioridade a eles e a invisibilización dos logros das mulleres resulta moi patente. Este proxecto do Concello de Nigrán encádrase neste contexto, por iso ten como obxectivo por en valor ás  deportistas de Nigrán, difundir públicamente as súas achegas e incentivar a práctica deportiva feminina.

“A pesar dos notables avances sociais acadados polas mulleres nas últimas décadas e da existencia dunha aparente igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, existen aínda numerosos obstáculos que dificultan a igualdade real e efectiva. A práctica deportiva como actividade plenamente integrada na nosa sociedade non é allea a esta realidade. É evidente a fenda existente en canto a participación e representación feminina nas distintas disciplinas. Dende o Concello temos o compromiso de seguir traballando por derrubar todas aquelas barreiras que impidan a igualdade real entre mulleres e homes, coma neste caso no ámbito deportivo”, resume o alcalde de Nigrán, Juan González.

 

Please follow and like us:

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies