spot_img
InicioGaliciaDía das Letras Galegas 2015, arranca o ano Filgueira

Día das Letras Galegas 2015, arranca o ano Filgueira

Velaquí está o ano de Filgueira Valverde! Botan a andar xa as principais accións de recoñecemento e posta en valor da obra e da figura do escritor e historiador, a quen se lle dedica o Día das Letras Galegas 2015. Exposicións, edicións conmemorativas, xincanas para a mocidade, concertos, pezas televisivas, dixitalización de documentación conforman, entre outras, a ampla e variada programación.

Letras Galegas.png1Foto do Seminario de Estudos Galegos

Entre estas accións atópase a publicación dos índices temáticos dos artigos do Adral, moi útiles para achegarse aos distintos ámbitos dos estudos de Filgueira.

Letras Galegas.png2Desde que Real Academia Galega (RAG) anunciara a decisión de lle dedicar o Día das Letras 2015 ao polígrafo Filgueira Valverde, as institucións e entidades vinculadas coa cultura galega comezaron a artellar actividades e iniciativas para contribuír á divulgación da súa obra e, promover así, o uso da lingua galega e a difusión da cultura. Propostas que implican e fan partícipe desta celebración e homenaxe a toda sociedade.

Con esta elección sáldase unha débeda histórica que a RAG tiña con Filgueira Valverde. Destaca o seu irreprochable compromiso coa defensa e promoción da cultura galega, así como o seu legado intelectual que constitúe, pola súa amplitude e calidade, un dos máis importantes da segunda metade do séculos XX.

“Filgueira era un sabio en moitos saberes: en arqueoloxía, en historia da arte, en folclore… e logo tiña dúas grandes especialidades: Compostela e Pontevedra; era o máximo pontevedrólogo que ten dado o mundo e un dos máximos santiagólogos. Despois da morte de Otero Pedrayo,  Filgueira é o último polígrafo galego”.

Xesús Alonso Montero.

Presidente da Real Academia Galega
Letras Galegas
XOSÉ FERNANDO FILGUEIRA VALVERDE

Escritor e historiador pontevedrés é autor dunha extensa obra de carácter divulgativo que o converte nunha das figuras centrais da cultura galega do século XX.

Nado en Pontevedra en 1906 e finado na mesma cidade en 1996, Xosé Fernando Filgueira Valverde foi membro fundador do Seminario de Estudos Galegos, director do Museo de Pontevedra, alcalde da mesma cidade e, xa na democracia, conselleiro de Cultura.

Escritor prolífico e dotado dunha grande erudición, a súa inxente produción abrangue unha ampla diversidade de temas, tratados sempre con gran rigor intelectual, entre os que salientan as súas achegas á nosa historia e etnografía, así como ao estudo da literatura galega medieval.

Firmemente comprometido na defensa e promoción da nosa cultura, o legado intelectual de Filgueira Valverde constitúe, pola súa amplitude e calidade, un dos máis importantes da segunda metade do século XX.

*Máis información sobre a figura homenaxeada no Día das Letras Galegas 2015 e sobre as actividades programadas no web Filgueiravalverde.gal

dossier_programacion_letras_galegas_2015

- Publicidade -spot_img