spot_img
InicioBaixo MiñoDez equipos daranse cita en Goian no I Campionato Galego Integrador de...

Dez equipos daranse cita en Goian no I Campionato Galego Integrador de Motonáutica

Única no seu tipo en Galicia, a proba deportiva e integradora é fruto da experiencia positiva da realizada o ano pasado en Tomiño e que contou coa colaboración da Federación Galega de Motonaútica e Sodinaútica.

 Esta é a terceira e última proba náutica do I Campionato Galego de Slálom Integrador, e celebrarase mañá, sábado 27 de agosto en Goian, coa participación de dez equipos galegos, cinco deles do club Sen Amarras, de Tomiño. Terá lugar nas inmediacións do antigo embarcadoiro do Ferry entre as 16:00 e as 20:00 horas e conta coa colaboración do Concello de Tomiño,

A proba foi  presentada esta mañá en rolda de prensa. estiveron presentes a presidenta do Club Deportivo Sen Amarras, Susana Costa,o presidente da Federación Galega de Motonáutica, José Fernández Prado, o coordinador da proba, Marcos Casaleiro e a alcaldesa de Tomiño, Sandra González.

Segundo explicaron os organizadores, a principal característica deste campionato, o primeiro no seu tipo en Galicia, é a integración, xa que os equipos están formados por persoas con e sen discapacidade, utilizando unha embarcación adaptada que pode ser patroneada de maneira sinxela.

Trátase dunha proba de regularidade, pericia e integradora, onde prima axustarse ao máximo ao tempo medio estipulado para a mesma. Componse dun zig-zag, un corredor e unhas probas de habilidade, sendo máis importante a regularidade que a velocidade, dado o seu carácter inclusivo.

O número de equipos é de dez e cada un conta con dois tripulantes, e terán que amosar a súa habilidade no manexo da embarcación e colaboración entre mariñeiro e patrón.

cartel proba Sen AmarrasA proba comezará ás catro da tarde, sendo a entrega de trofeos ás oito.

A presidenta do club Sen Amarras, comentou que este primeiro campionato integrador naceu tras detectar que as persoas con mobilidade reducida non tiñan ningunha actividade deportiva náutica. Neste senso foi decisivo o apoio da Federación Galega de Motonáutica e Sodináutica.

O presidente da federación, pola súa banda, amosouse encantado de contar con esta nova actividade e reiterou o seu compromiso para organizar outras dirixidas, por exemplo, aos máis cativos e cativas.

A alcaldesa de Tomiño salientou o traballo dos organizadores da proba e da Asociación para persoas con discapacidade Vontade, para conseguir a normalización e integración deste sector da sociedade.

 CLUB DEPORTIVO SEN AMARRAS

O Club Deportivo Sen Amnarras de recente creación, nace en Tomiño tras xuntarse un grupo de amigos e detectar a necesidade de que crear actividades naúticas para as persoas con movilidade reducida , este club está orientado a fomentar as actividades de río e a súa contorna para as persoas con discapacidade.

Neste tempo de existencia realizaron entre otras actividades: Paseos naúticos, cursos de obtención de licenza para embarcacións e participarn en un ‘Encontro de embarcacións tradicionáis en Boiro.

- Publicidade -spot_img