A Deputación de Pontevedra inicia un ano máis a poxa da uva albariña do Castelo de Soutomaior

deputacion-pontevedra-inicia-ano-mais-poxa-da-uva-albarina-do-castelo-soutomaiorA Deputación de Pontevedra vén de iniciar, un ano máis, o procedemento aberto para o alleamento mediante poxa pública da uva albariña da leira do Castelo de Soutomaior. Este emblemático edificio histórico, propiedade da institución provincial desde o ano 1982, conta cunha explotación vitivinícola de máis de catro hectáreas das máis de 30 coas que conta todo o complexo.

A institución provincial estableceu un prezo mínimo dun euro por quilo e espera contar cunha colleita de arredor de 18.000 quilos

O goberno de Carmela Silva, deste xeito, leva a cabo a poxa pública da uva do Castelo por terceiro ano consecutivo e agarda contar cunha colleita de máis de 18.000 quilos, un aumento considerable fronte aos máis de 16.000 quilos que se recolleron o ano pasado e fronte aos 14.700 quilos de 2015, en consonancia coas previsións de récord do sector para a vendima deste ano, que se producirá arredor da fin de semana do 8 ao 10 de setembro.

As empresas interesadas en vendimar a uva do Castelo de Soutomaior poden presentar as súas ofertas, ata o vindeiro 19 de agosto, partindo do prezo mínimo establecido nun euro por quilogramo de uva. A adega gañadora será a encargada de levar a cabo a vendima, da recollida e tamén do traslado da uva do Castelo e o único criterio de adxudicación que terá en conta a institución provincial será a poxa máis alta.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies