spot_img
InicioO SalnésDeputación, Concello de Baiona e Mancomunidade do Salnés colaboran na implantación de...

Deputación, Concello de Baiona e Mancomunidade do Salnés colaboran na implantación de novos sistemas de xestión das redes de saneamiento

abastecimiento y gestión del aguaA actuación enmárcase no proxecto SANePLAN, que conta con financiamento europeo no marco do programa Life

A Deputación de Pontevedra, o Instituto Tecnolóxico de Galicia, a Mancomunidade do Salnés e o Concello de Baiona asinarán un convenio para o deseño, implantación e validación dun sistema de xestión das redes de saneamento e depuración que, valéndose das novas tecnoloxías e da modelización matemática, permitan unha mellor planificación deste servizo a curto, medio e longo prazo.

Así se establece nun convenio de colaboración autorizado pola Xunta de Goberno da Administración Provincial e que ten como obxectivo implantar este sistema no concello de Baiona e en tres municipios da Mancomunidade de O Salnés, concretamente en Cambados, Ribadumia e Vilanova de Arousa.

Estes concellos achegarán datos detallados das súas redes de saneamento (extensión, percorrido, elementos que o integran, capacidade…), de forma que poidan ser utilizados para deseñar as ferramentas de xestión e, ademais, servirán de base para validar as mesmas.

Para iso, unha vez deseñado o sistema, implantarase nas redes de saneamento e depuración destes concellos, co obxectivo de validar o seu funcionamento.

O sistema consistirá en aplicar tecnoloxías de precisión en todos os elementos que integran o servizo de saneamento e depuración (redes, estacións de bombeo, depuradoras…), de forma que se recollan en tempo real datos que permitan medir o funcionamento das redes e, por medio do seu tratamento tecnolóxico e matemático, planificar o desenvolvemento tendo en conta as posibles variacións futuras tanto no que respecta á presión urbanística como ao cambio climático.

Pioneiro en Europa

proxecto SANePLAN, que conta con financiamento europeo no marco do programa LifeTrátase da primeira vez en Europa que se pon en marcha un proxecto para modelizar unha rede de saneamento e depuración tendo en conta as características urbanísticas, o incremento ou redución da poboación e o cambio climático.

No marco deste convenio, a Deputación destinará 127.085 euros aos traballos de recompilación dos datos necesarios para a implantación deste sistema, mentres que o Instituto Tecnolóxico de Galicia achegará 347.080 euros ao deseño, creación e implantación das ferramentas informáticas.

O convenio forma parte do proxecto Saneplan, integrado no programa europeo Life + e que se desenvolve en colaboración co Instituto Tecnolóxico de Galicia e coa empresa italiana Phisys, dependente da Universidade de Florencia.

- Publicidade -spot_img