“DepoAndainas” chega a Tui para percorrer un tramo do Camiño de Santiago

Tui contratará a 22 persoas ao abeiro do Plan de Concellos da Deputación ProvincialA Deputación de Pontevedra vén de abrir o prazo de inscrición para todas as persoas interesadas en asistir gratuitamente á vindeira ruta das “DepoAndainas”.

Esta cuarta actividade do programa da Deputación de Pontevedra servirá para percorrer un tramo do Camiño de Santiago, concretamente o que transcorre entre os concellos de Tui e O Porriño. Nela poderán participar un total de 300 persoas que deben inscribirse ata o vindeiro 20 de setembro a través do formulario de inscrición que atoparán na páxina web da Deputación de Pontevedra, www.depo.gal, e entregalo nos rexistros da Deputación, en Pontevedra e Vigo, ou nas oficinas do ORAL da provincia.

Nesta actividade, un monitor caracterizado como o Apóstolo Santiago dinamizará a ruta facendo sentir ás persoas participantes a auténtica lenda do Camiño. O punto de partida será a Ponte Internacional sobre o Río Miño, en Tui, onde se iniciará a viaxe polo Camiño Portugués cara a Santiago.

300 persoas da provincia poderán participar nesta actividade de balde que organiza a institución provincial o domingo 24 de setembro

Durante o percorrido, terán a oportunidade de ver o Parador de Turismo de San Telmo ou un dos fitos do camiño, a pedra que marca a distancia de 115,14 quilómetros para chegar a Compostela. As persoas participantes percorrerán o casco histórico de Tui, cheo de edificios emblemáticos como igrexas (a Catedral de Santa María, o Convento das Clarisas…), museos (como o diocesano, antigamente un hospital para persoas pobres e peregrinas), capelas ou o cárcere vello. Tras o circuíto urbano, a andaina trasladarase á parroquia de San Bartolomé de Bordáns, cun impresionante cruceiro e un templo, e continuará cara ao punto de Ponte das Febres, sobre o arroio de San Simón.

Ademais, durante este percorrido circular de 10 quilómetro, cunha duración aproximada de entre 3 e 4 horas, desenvolveranse distintas actividades lúdico-deportivas como un breve obradoiro de identificación de rastros animais e outro de orientación natural. No último quilómetro do percorrido, as persoas participantes deberán empregar signos naturais, o Sol, ou métodos como o do reloxo para orientarse e atopar balizas con rastros animais.

Esta é a cuarta das cinco rutas que ten programadas a Deputación de Pontevedra este ano ao abeiro de “DepoAndainas”. Pechará a quenda de actividades unha última andaina, o vindeiro 15 de outubro, polo Castelo de Soutomaior. Na última das celebradas, a “DepoAndaina” por Vilaboa e as Illas Cíes, a institución provincial esgotou as 300 prazas ofertadas en menos de 24 horas, recibindo en total máis de 1.000 solicitudes de participación.

O programa “Depo Andainas”, que vive este ano a súa segunda edición tralo cheo absoluto do ano pasado, cando se esgotaron as prazas, ten por obxectivo impulsar hábitos saudables, promover o turismo deportivo e de territorio, as actividades ao aire libre e poñer en valor a riqueza medioambiental, etnográfica, cultural e patrimonial da provincia de Pontevedra.

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies