spot_img
InicioBaixo MiñoA delegada da Zona Franca visitará Tomiño en xaneiro para valorar a...

A delegada da Zona Franca visitará Tomiño en xaneiro para valorar a posibilidade dunha colaboración futura co Concello

delegada-da-zona-franca-visitara-tomino-xaneiro-valorar-posibilidade-dunha-colaboracion-futura-co-concelloA alcaldesa de Tomiño, Sandra González reuniuse coa delegada do Estado do Consorcio da Zona Franca de Vigo, Teresa Pedrosa, para presentar propostas coa finalidade de potenciar a actividade empresarial no concello.

Proxectos cos que potenciar a actividade empresarial en Tomiño, aproveitando a materia e prima e as instalacións coas que conta o municipio. Arredor destas ideas xirou a reunión que mantivo este mércores 13 de decembro a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, coa delegada de Estado do Consorcio da Zona Franca de Vigo, Teresa Pedrosa, nas que ambas se amosaron moi interesadas en estudar posibles vías de colaboración. A este encontro tamén asistiu o concelleiro de Planificación Territorial, Facenda e Proxectos Estratéxicos, Uxío Benítez.

Durante a reunión de traballo, a alcaldesa expúxolle á responsable de Zona Franca a situación na que se atopa o parque empresarial de Tomiño, con máis de 500.000  metros cadrados paralizados dende hai tempo. González amosou a Pedrosa o interese de que o Consorcio traballe de forma conxunta co Concello na potenciación deste parque xestionado por Xestur, unha idea que dende Zona Franca acolleuse con boa disposición e que porá en estudo.

Sandra González aproveitou a reunión para amosar á responsable de Zona Franca o que a moderna agricultura de Tomiño pode ofrecer a nivel empresarial e de competitividade económica. Por este motivo, e como posibilidade de colaboración futura, a delegada do Estado visitará o concello o vindeiro mes de xaneiro.

 

- Publicidade -spot_img