spot_img
InicioPontevedra e ÁreaDe la Gándara logra en Baiona unha nova vitoria na liga de...

De la Gándara logra en Baiona unha nova vitoria na liga de Inverno do MRCYB

de-la-gandara-logra-en-baiona-unha-nova-vitoria-na-liga-de-inverno-do-mrcyb

A tripulación patroneada por De la Gándara leva seis triunfos nas seis probas disputadas ata o momento na competición de monotipos

O histórico regatista vigués Javier de la Gándara volveu mostrarse implacable un día máis na liga de Inverno do Monte Real Club de Yates, unha competición que viviu a súa segunda xornada esta tarde en Baiona.

A bordo do Okofen e coa súa tripulación habitual, formada por Jaime da Gándara, Diego Fernández e Hugo Ferreiro, Da Gándara impúxose nas tres probas disputadas este sábado en augas da baía baionesa, co que suma xa seis vitorias nas seis regatas celebradas ao longo deste mes.

Nin os problemas que volveron ter co spinnaker, nin o mar de fondo que dificultou a navegación dos veleiros, nin tan sequera o bo facer doutros barcos como o Miudo by Storax de Francisca Barros, impediron que a tripulación do Okofen cruzase primeira a liña de chegada en todas as mangas disputadas.

Con este novo pleno de vitorias, De la Gándara e os seus sepáranse cada vez máis dos seus rivais, aos que superan xa en máis de dez puntos. Os máis próximos, en segunda e terceira posición da clasificación, e empatados a puntos, son o Miudo by Storax e o Virazón.

Os portugueses do Miúdo asinaron esta tarde tres fantásticas regatas, o que lles permitiu elevarse do quinto posto ao segundo. Fixérono cunha tripulación completamente renovada con respecto á primeira xornada. Aos mandos, Francisca Barros, unha novísima regatista lusa que leva tempo demostrando o seu talento a bordo destes monotipos.

O Virazón de Miguel Lago, outro dos clásicos nos podios das competicións de J80, saíu, como sempre, disposto a dar guerra, pero tras unha moi boa primeira manga, perdeu algo de fol e tivo que conformarse co terceiro banzo do podio provisional, no que se sitúa empatado a puntos co Miúdo.

Tras seis probas e a aplicación dun descarte, a clasificación da liga de Inverno Clase J80 do Monte Real Club de Yates complétana o Ferralemes de Enrique Porto, o Pousado de Fernándo Yáñez, o Mondo de Bernardo Macedo, o Luna Nueva de Juan Luís Tuero e o Pazo de Cea de María Campos.

Pechan a listaxe o Namasté de Luís de Mira e o Alumisel de Willy Caamaño, que esta non puideron saír á auga para disputar a segunda xornada de probas, pero que volverán á competición na terceira etapa, o próximo 11 de febreiro.

CLASIFICACIÓN XERAL TRAS A SEGUNDA XORNADA

  1. Okofen – Javier de la Gándara (5 puntos)
  2. Miudo by Storax – Francisca Barros (15 puntos)
  3. Virazón – Miguel Lago (15 puntos)
  4. Ferralemes – Enrique Porto (17 puntos)
  5. Cansino – Fernándo Yáñez (21 puntos)
  6. Mondo – Bernardo Macedo (32 puntos)
  7. Luna Nueva – Juan Luis Tuero (35 puntos)
  8. Pazo de Cea – María Campos (36 puntos)
  9. Namasté – Luis de Mira (41 puntos)
  10. Alumisel – Willy Caamaño (46 puntos)

 

- Publicidade -spot_img