spot_img
InicioVal MiñorNigránCristina Almeida, Fernando Romay e o Joventut de Badalona, colaboran co CB...

Cristina Almeida, Fernando Romay e o Joventut de Badalona, colaboran co CB Nigrán na homenaxe ás víctimas da violencia de xénero

Cristina Almeida-Fernando Romay
Un ano máis e con motivo do Día Contra a Violencia de Xénero o CB Nigrán rende homenaxe ás súas vítimas realizando un vídeo no que aparecen representantes de diferentes ámbitos da sociedade como Cristina Almeida, Fernando Romay, Jose Maria Abascal, Carmela Silva, Africa González, Mario Muñoz ou Pepe Casal asi como diferentes colectivos como o equipo de ACB do Joventut de Badalona, a Asociación Alento de dano cerebral, o club AMFIV, ou os claustros de profesores dos colexios Humberto Juanes, Carlos Casares, Cruz Camos e Panxón , entre outros, portando un balón de baloncesto , un balón por cada muller asasinada este 2016.

Todos eles quixeron colaborar nesta inicativa do Club Baloncesto Nigrán, unha iniciativa que forma parte do labor social que levan a cabo desde o club, onde consideran un aspecto fundamental traballar os valores a través do deporte.

Con cada un deses balóns que lembran ás vítimas o Club baloncesto Nigrán debuxou esta tarde un gran lazo na pista de xogo do Pavillón do colexio de Panxón ao redor do cal se colocaron xogadores, adestradores , directiva e familias do club , constituíndo esta imaxe a foto final para incluír no vídeo que o CB Nigrán elaborou e que fará público a partir do luns co fin de concienciar e sensibilizar sobre esta secuela social que non cesa no seu goteo de vítimas.

Desde o CB Nigrán agradecen a colaboración de todas as persoas e entidades que quixeron participar nesta iniciativa que esperan sirva como un pequeno granito de area na loita contra a violencia machista.

- Publicidade -spot_img