‘Contádenos o voso Día das Letras’ premia o proxecto arredor de Carlos Casares dun colexio de Nigrán

contadenos-voso-dia-das-letras-premia-proxecto-arredor-carlos-casares-dun-colexio-nigranO CEIP Carlos Casares de Vilariño (Nigrán), onde o escritor estableceu o seu fogar, tamén compartiu nesta iniciativa, xunto a outros materiais, unha peza audiovisual na que inclúe unha entrevista sobre el ao seu fillo Häkan Casares, antigo alumno do centro, unha representación teatral e lecturas dramatizadas.

Os colexios de infantil e primaria do Carballal (Marín), Antonio Fernández López (Oural, Sarria), Carlos Casares de Vilariño (Nigrán) e Plurilingüe Os Casais (Maniños, Fene), e o Colexio rural agrupado (CRA) Amencer (Ribadavia), son os cinco gañadores dos premios Contádenos o voso Día das Letras, o novo espazo de participación escolar creado pola Real Academia Galega dentro do proxecto web Primavera das Letras. A iniciativa foi concibida co obxectivo de coñecer e difundir como celebraron o Día das Letras Galegas os centros encargados da educación do alumnado de menor idade.

Nesta primeira edición participaron preto de 80 colexios de toda Galicia con proxectos que son boa proba da implicación e do bo facer do profesorado, axente esencial, xunto ás familias, na transmisión ás novas xeracións da lingua e da cultura galegas. Todos eles recibirán un diploma por participaren nesta iniciativa, mentres que os cinco centros gañadores serán tamén agasallados cun lote de libros. A entrega celebrarase o vindeiro 24 de outubro na sede da Real Academia Galega.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies