spot_img
InicioVal MiñorBaionaA “constituínte” Nona Inés Vilariño impartirá en Baiona unha charla coloquio con...

A “constituínte” Nona Inés Vilariño impartirá en Baiona unha charla coloquio con motivo do Día Internacional da Muller

documental-e-unha-exposicion-fotografica-render-tributo-algunhas-das-mellores-deportistas-nigranNona Inés Vilariño, deputada da lexislatura Constituínte 1977-1979 e novamente do 1979 ao 1983, foi recibida hoxe na Casa Consistorial de Baiona polo alcalde, Ángel Rodal, e a concelleira de Igualdade, Mª Carmen Paredes.

Rodal fixo especial fincapé na figura da exparlamentaria, unha das protagonistas da apertura oficial da lexislatura constituínte, formando parte dun dos momentos máis transcendentais da historia recente de España. De Nona Inés Vilariño valorou a súa “coherencia, sensatez e sentido común” e indicou que é un exemplo para toda a sociedade.” En definitiva, un perfil que chega a impresionar mesmo na actualidade, cando xa se avanzou tanto en materia de xénero” concluíu o rexedor.

Pola súa banda a concelleira encomiou o labor de Vilariño no seu defensa do papel da muller e recoñeceu que aqueles “non foron momentos fáciles”, por un dobre motivo: “ser muller sempre é difícil e entón máis aínda”, xa que elas soportaban unha “dobre loita”, a de calquera político en tempos da transición, e a de ser ademais mulleres. “Non se era totalmente consciente da importancia da súa presenza (destas 27 mulleres) eses anos no Congreso, algo no que quedou constado co paso dos anos e grazas aos historiadores”. Paredes tamén matizou que neses tempos “a defensa dos dereitos da muller foi un tema rupturista, insólito”.

Nona Inés Vilariño Salgado

Nona Inés Vilariño Salgado foi, catro décadas atrás, unha das representantes políticas protagonistas da apertura oficial da lexislatura constituínte (1977-1979). E mañá volverá ser protagonista no Auditorio da Casa da Navegación de Baiona na proxección do documental “As Constituíntes” e a posterior charla coloquio que con motivo do Día Internacional da Muller ten preparado o Concello.

Vilariño Salgado é consciente de que formou parte dun dos momentos políticos máis transcendentais da historia recente de España. A ex deputada pola Coruña por UCD mantén fresca a súa memoria deses anos.

Preguntámoslle por como viviu dous momentos clave da nosa historia, o proceso constituínte e o 23 F. “Eu estiven en todas as sesións da Comisión Constitucional e coñézome todos os detalles. Aínda hoxe non se sabe o difícil que resultou chegar a un consenso”. A pesar diso, Vilariño Salgado teno claro. Está convencida de que hai que reformar a Constitución de 1978, “que non é un texto intocable porque ningún texto político o é”.

Tamén lembrou como foi “ir por todos e cada un dos pobos da Coruña pedindo o voto para a Constitución, para esa constitución da Concordia, eu sentíame felíz e me crei, estamos a facer grande a España, nunca máis sairemos do club dos paises democráticos, do que estivemos afastados tantos anos e cando o 23 de febreiro de 1981 espertei do meu soño de inxenua descubrindo que aínda hai unha España negra que aínda non estaba disposta a renderse e por desgraza hoxe vexo que todavia hoxe existe. Hai que traballar moito para que non demos moitos miles de pasos atrás.”

“A merecido a pena e eu síntome unha privilexiada por vivilo”

1
constituinte-nona-ines-vilarino-impartira-baiona-unha-charla-coloquio-baiona-motivo-do-dia-internacional-da-muller

Documental “As Constituíntes”

O Auditorio da Casa da Navegación de Baiona, acollerá mañá a proxección do documental “As Constituíntes” e posteriormente celebrarase unha charla coloquio na que intervirá Nona Inés, unha do protagonista do documental e figura clave na visualización da muller na Constitución Española. Tamén intervirá Pilar Egea Torrón, xornalista e socióloga. A concelleira de Igualdade, Mª Carmen Paredes, presentará esta obra cinematográfica que se proxectará ás 19:00 h. e que forma parte da programación preparada pola concellería, a través do CIM (Centro de Información á Muller), con motivo do Día Internacional da Muller.

O documental ‘As constituíntes’, dirixido por Oliva Acosta, centra a súa ollada na pegada deixada polas 27 mulleres deputadas e senadoras, que, desde o seu traballo parlamentario na lexislatura constituínte de 1977, foron protagonistas da transición e do cambio político cara a democracia en España. Cabe apuntar que ‘As Constituíntes’ é un documento audiovisual dun indubidable valor sobre a historia da participación política e social das mulleres en España, documentando con iso a peripecia persoal e política que lles levou a ser as primeiras mulleres, tras Clara Campoamor, Vitoria Kent e as súas coetáneas, en atoparse nas Cortes democráticas españolas nun momento único para o noso país.

Estas 27 mulleres, 21 deputadas e 6 senadoras, accederon ao Congreso e Senado español tras o período franquista, nas eleccións democráticas do 15 de Xuño de 1977, e participaron na elaboración da Constitución Española de 1978, defendendo activamente a igualdade de dereitos entre homes e mulleres na sociedade española. A través dos testemuños das protagonistas, e unha emotiva secuencia de encontro entre deputadas e políticas actuais con algunhas das mulleres constituíntes, o documental achega unha suxestiva análise, baseado na experiencia persoal de todas elas, sobre os feitos que configuran unha das etapas máis interesantes do parlamentarismo do noso país: o das Cortes Constituíntes no período comprendido entre 1977-1979, e faio desde a perspectiva das mulleres. Trátase dunha mirada sobre a transición española nun traballo audiovisual, inédito en España ata o momento.

- Publicidade -spot_img