spot_img
InicioBaixo MiñoConcierto homenaxe Paramos-Guillarei

Concierto homenaxe Paramos-Guillarei

O próximo domingo, 15 de xullo, o Paseo Fluvial de Tui, acollerá o Concerto Solidario “Todos con Paramos” no que actuarán as bandas de gaitas Lembranzas da Terra de Guillarei e San Xoán de Paramos xunto a alumnado do Conservatorio de Tui. O obxectivo do devandito concerto é recadar fondos para os afectados pola explosión: veciños, amigos e mesmo varios compoñentes de ambas as bandas perdérono todo ese día.

Alicia González, da Asociación Cultural Lembranzas da Terra, explicaba esta mañá que buscan así renderlle unha homenaxe aos seus veciños despois dos duros momentos vividos nas últimas semanas tras a explosión do 23 de maio.  A entrada solidaria terá un prezo de 3€ e poderase mercar o propio domingo ou anticipadamente en distintos establecementos. Os concertos comezarán ás 21.30h pero dende ás 19h terán servirán petiscos, bocadillos e bebidas. Toda a recadación será para a Asociación de Afectados de Paramos e Guillarei.

Para ese día contan coa colaboración do Concello de Tui e de distintas empresas e negocios locais que, desinteresadamente, doan comida, bebidas e mesmo distintos bonos regalo (Ceas para dúas, Tratamentos de beleza, Bautismo de mergullo,…) que se sortearán durante o concerto. A partir das 19:00 horas empezará a funcionar o recinto no que se servirán a un prezo simbólico e co fin de recadar fondos: petiscos, bocadillos e bebidas. Doutra banda temos venda anticipada de entradas en distintos locais que tamén colaboran:

Centro Cultural de Guillarei
– Centro Cultural de Areas
– Centro Cultural de Savaterra
– Bar Rodas (Paramos)
– Bar Casillas (Paramos)
– Bar Amazonas (Tui)
– Bar A Macoca (Pazos de Reis)
– Bar Nito (Salceda de Caselas)
– Bar Biper (Tui)
– Clínica Dental Asisdent (Vigo)
– Balneario de Caldelas (Caldelas de Tui)
– Panadería Currás (Tomiño)
– Tapería La de Manu (Tui)

As entradas teñen un prezo de 3,00 euros e tamén se poden adquirir o mesmo día do concerto. Dispoñen dunha fila cero, para todo aquel que non poida asistir ao concerto e queira colaborar. Todo o recadado irá parar á conta de Abanca creada polo Concello de Tui.

 

- Publicidade -spot_img