O Concello de Nigrán súmase ao Centro Juan María para festexar o Día Internacional das Persoas con Discapacidade

concello-nigran-sumase-ao-centro-juan-maria-festexar-dia-internacional-das-persoas-discapacidadeO Concello de Nigrán colabora un ano máis co Centro Juan María de Parada (Nigrán) para festexar o ‘Día Internacional das Persoas con Discapacidade’, que ten lugar o domingo 3 de decembro.

‘Baixo o mesmo paraugas’ é o lema escollido para este ano nunha semana chea de actividades que culmina o domingo no Náutico de Vigo.

Responsables e usuarios do centro entregaron ao alcalde de Nigrán carteis e paraugas verdes alusivos á campaña (que quedaron colgados no balcón da Casa Consistorial). Durante esta semana visitarán os centros educativos do Val Miñor e o xoves e venres repartirán  máis de 300 pequenos paraugas de fieltro que elaboraron eles mesmos co obxectivo de regalar á xente a cambio de que lles entregue “desexos”  sobre a discapacidade.

As actividades desta semana conclúen o domingo na explanada do Náutico de Vigo, onde se celebrará a “gran paraugada” na que participan máis dunha decena de entidades de toda a comarca.

Desde 1992, cada 3 de decembro celébrase mundialmente o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Este ano céntrase en promover os 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable necesarios para acadar o futuro que queremos e en destacar o papel que desempeñan estes obxectivos recentemente establecidos na construción dun mundo máis inclusivo e igualitario.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies