spot_img
InicioVal MiñorNigránConcello de Nigrán e Centro Juan María inician mañá os actos da...

Concello de Nigrán e Centro Juan María inician mañá os actos da semana da Discapacidade

nigran-pon-en-marcha-un-programa-pioneiro-en-estimulacion-cognitiva-para-a-3a-idade

O Auditorio Municipal acollerá ás 19.00 horas a inauguración da exposición fotográfica “Nos Why not” 

O Concello de Nigrán inicia mañá xunto ao Centro de Educación Especial Juan María a celebración da semana da Discapacidade, que conclúe o sábado co Día Internacional.  Así, ás 19.00 horas inaugurase no Auditorio Municipal a exposición de fotografías sobre accesibilidade “Nos why not”. Tódolos actos terán como sede o Auditorio,  permitindo conmemorar ao mesmo tempo un ano de traballo conxunto entre Centro Juan María e goberno local a través de “Un Nigrán para todos”. Este é un proxecto pioneiro para mellorar a accesibilidade no municipio eliminando as barreiras físicas que impiden o acceso a determinados espazos, as sensoriais que impiden o acceso á información a través dos sentidos ou as cognitivas que impiden a comprensión do entorno e os seus elementos.

Xa o xoves tamén ás 19.00 horas proxectarase “La historia de Jan”, unha película que relata a superación e aceptación dun pequeno con síndrome de Down.

O día 2 terá lugar unha xornada relativa ao décimo aniversario da Convención Internacional sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade. Na mesma intervirá o rexedor de Nigrán para abordar as actuacións de accesibilidade física e sensorial enmarcadas no proxecto “Un Nigrán para todos”. Ademáis, haberá diferentes ponencias que tratarán dende o procedemento de incapacitación, a lectura fácil, a seguridade como dereito fundamental…

Xa o Día Iternacional da Discapacidade, o 3 de decembro, haberá música en directo a partires das 17.00 horas, se lerá o manifesto e o Concello voltará a iluminarse de verde, cor que representa a plena inclusión.

Por outra banda, o Centro Juan María elaborou para esta semana un novo vídeo de concienciación titulado “Latiendo por ti”, dispoñible en youtube no seguinte enlace e que agardan sexa compartida por toda a veciñanza:

 

- Publicidade -spot_img