spot_img
InicioBaixo MiñoComeza un curso de hortofruticultura sustentable no Concello do Rosal

Comeza un curso de hortofruticultura sustentable no Concello do Rosal

A Deputación Provincial de Pontevedra informa do comezo dun curso de hortofruticultura sustentable no Concello do Rosal

O curso, presencial e totalmente gratuíto, realizarase no mes de xuño nas seguintes datas: Curso de Hortofruticultura Sustentable. Días 18, 19, 20, 21, 22, 25 e 26 en horario de mañá

Esta acción teñe unha duración de 30 horas, das cales 10 son prácticas. Va destinada a persoas desempregadas e está encamiñada a formar o alumnado en materia de hortofruticultura  sustentable, sumando así valor engadido á actividade agroalimentaria e fomentando o emprego neste tipo de agricultura sustentable co medio.

Esta acción está enmarcada dentro do proxecto “Depoverde”, cofinanciado polo programa “Empleaverde” do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente. Este programa é unha iniciativa da Fundación Biodiversidade para o impulso e a mellora do emprego, o emprendemento e o medio ambiente, e está cofinanciado polo Fondo Social Europeo (FSE) no marco do programa operativo “Emprego, Formación e Educación 2014-2020”.

- Publicidade -spot_img