spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaComezan as obras para a clausura dun vertedoiro de residuos da construción...

Comezan as obras para a clausura dun vertedoiro de residuos da construción no concello da Guarda

comeza-obras-clausura-vertedoiro-residuos-construción-concello-Guarda

A Consellería de Medio Ambiente vén de iniciar hoxe as obras de adecuación e clausura dun vertedoiro de residuos da construción e demolición no concello da Guarda, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007 -2013.

Con esta actuación búscase a adecuación, clausura e integración paisaxística do antigo vertedoiro co obxectivo de evitar o seu impacto ambiental e paisaxístico así como a súa utilización para a eliminación incontrolada doutros residuos

O prazo proxectado para a execución das obras é de dous meses e supón un investimento de arredor de 120.000 euros do Goberno galego para levar a cabo esta mellora ambiental.

Retiraranse restos vexetais, realizarase unha recuperación da topografía orixinal do terreo e a restauración mediante cobertura de solos

O vertedoiro de residuos de construción e demolición de A Guarda foi proxectado pola Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia no ano 2002, dentro do Plan para construción de vertedoiros para residuos da construción, co fin de que este tipo de residuos recibise o tratamento adecuado desde o punto de vista ambiental, finalizando as obras en novembro de 2003.

O vertedoiro ficou inactivo dende abril de 2012, motivo polo que xurdiu a necesidade de executar as obras de clausura en condicións de seguridade ambiental conforme á normativa aplicable

O vertedoiro, cun vaso de vertido con capacidade útil de 40.662 m3, foi construído aproveitando o oco deixado por unha antiga canteira de rocas de construción e áridos situada en dúas parcelas arrendadas ao Concello pola Comunidade Veciñal de Montes en Man Común da Guarda, cunha superficie conxunta aproximada de 6.989 m2, accesibles dende a estrada comarcal 550 (A Guarda-Baiona). A instalación rematada foi entregada o 20 de xaneiro de 2004 ao Concello da Guarda, que asumiu a súa xestión chegando a depositar un volume estimado de 36.125 m3 destes residuos inertes, comunmente compostos por restos de sucidade, pedras, formigón, ladrillos, escaiola, grava, etc.

O vertedoiro ficou inactivo dende abril de 2012, motivo polo que xurdiu a necesidade de executar as obras de clausura en condicións de seguridade ambiental conforme á normativa aplicable.

As obras de clausura do vertedoiro proxectadas e licitadas por conta da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, teñen por finalidade acadar a adecuación, clausura e integración paisaxística do antigo vertedoiro co obxectivo prioritario de evitar o seu impacto ambiental e paisaxístico así como a súa eventual utilización para a eliminación incontrolada doutros residuos, cos riscos ambientais e de saúde pública asociados.

Para iso, o proxecto inclúe as actuacións necesarias para acadar, non só a clausura do vertedoiro, senón tamén a recuperación do espazo afectado e a súa integración na contorna natural circundante. Para iso, o proxecto contempla, entre outras, as seguintes actuacións xerais:

? Retirada de restos vexetais.
? Reacondicionamento e recolocación de residuos en condicións de estabilidade.
? Recuperación da topografía orixinal do terreo.
? Restauración mediante cobertura de solos.
? Restauración forestal e da cuberta vexetal.
? Integración ambiental e paisaxística.
? Control das augas de escorrentía.
? Protección da contorna e control de acesos.

Sen prexuízo da mellora ambiental que se persegue coa execución desta actuación, o proxecto inclúe unha análise dos potenciais impactos derivados da súa execución coma base para a articulación de medidas correctoras e protectoras da poboación, a fauna, a vexetación, os solos, a xeomorfoloxía, as augas, a paisaxe ou o patrimonio cultural, así coma un exhaustivo plan de vixilancia e control ambiental post-clausura que corresponderá xestionar ao Concello da Guarda.

- Publicidade -spot_img